A Asociación Agraria de Galicia critica a baixada dos prezos do leite aos gandeiros

Denuncian que “non hai ningún motivo obxectivo para que as industrias lácteas intenten forzar unha baixada de prezos aos gandeiros nos novos contratos que se teñen que renovar proximamente”

A Asociación Agraria de Galicia critica a baixada dos prezos do leite aos gandeiros

O intento de baixada dos prezos do leite aos gandeiros para o vindeiro contrato é o xermolo das queixas de ASAGA / Fonte: Imaxe de Arquivo

A Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) pon de manifesto o seu rexeitamento ante calquera intento de baixada dos prezos do leite aos gandeiros, motivado “por queixas que recibimos nas últimas horas de moitos dos nosos socios”, ademais de negar a existencia “dalgún motivo obxectivo para que as industrias lácteas intenten forzar unha baixada de prezos aos gandeiros nos novos contratos que se teñen que renovar proximamente”, critican.

Do mesmo xeito, desde ASAGA fan ficapé “no aumento progresivo dos custos de produción desde fai anos, cuestión que só se reverteu nos últimos meses do 2022 e no que vai de 2023, pasando por un período anterior de produción a perdas”. “A media dos prezos do leite percibida polos gandeiros en Galicia e en España no ano 2022 foi de 0.45 € fronte aos 0.50 € na Unión Europea. Nos dous primeiros meses deste ano foise reducindo esa diferencia, o que quere dicir que estamos na senda correcta, pero en ningún caso se debe producir unha baixada, dado que aínda nos queda moito por recuperar”, engaden.

ASAGA denunciará ante a Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), calquera oferta de contrato con prezos que incumpran a Lei da Cadea Agroalimentaria, e estará atenta a calquera práctica que vulnere as normas da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia. Así mesmo, afirman que “a produción de leite non é ningún negocio, e como mostra diso está o descenso do número de explotacións, posto que en España só quedan 10.577 e en Galicia xa baixa das 6.000. Só en 2021, perdéronse máis de 300 granxas lácteas”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información