As opinións e puntos de vista expresados só comprometen ao seu autor e non reflicten necesariamente os da Unión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade outorgante poden ser considerados responsables deles.

Asignados novos dereitos da reserva nacional de pago básico da PAC

Un total de 72 produtores galegos reciben novos dereitos, por un importe total de 161.000€. As comunidades autónomas xa poden iniciar os pagos

Asignados novos dereitos da reserva nacional de pago básico da PAC

As Comunidades Autónomas xa poden iniciar os pagamentos

O Fondo Español de Garantía Agraria resolveu a asignación da reserva nacional do réxime de pago básico correspondente á campaña 2021 por un importe total de máis de 10,7 millóns de euros, repartidos entre 2.115 beneficiarios, dos cales 72 son de Galicia. A superficie galega cuberta é dunhas 932ha, e recibe un importe de 161.822 euros.

Nesta táboa amósanse as persoas beneficiarias por Comunidade Autónoma

Nesta táboa amósanse as persoas beneficiarias por Comunidade Autónoma

O valor dos novos dereitos correspóndese co valor medio dos dereitos da rexión na que estean localizadas as parcelas dos solicitantes da reserva nacional. Ademais, se unha persoa agricultora beneficiaria xa dispón de dereitos con anterioridade e o seu valor é inferior ao da media rexional, os valores unitarios anuais increméntanse ata alcanzala.

Os agricultores mozos representan o perfil maioritario de persoas beneficiarias desta reserva nacional 2021. Estas persoas, ademais, poderán beneficiarse dun pago complementario, que supón o 50% do importe medio dos seus dereitos activados, ata unha cantidade máxima de 90. Así mesmo, a reserva nacional de pago básico concedeu a 304 beneficiarios de todo o país que comezan a actividade agraria, un total de 1.384.704€.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información