Asignados dereitos de pago básico da reserva nacional a 71 perceptores da PAC en Galicia

Correspóndense con máis de 1.100 hectáreas e 220.000 euros de importe a percibir. A meirande parte dos beneficiarios son mozos incorporados á actividade agrogandeira

asignacion derechos pago basico reserva nacional 2022

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), dependente do Ministerio de Agricultura, asignou os dereitos de pago básico da reserva nacional da campaña 2022 por un importe de 9.754.414 euros para a incorporación á actividade de novos agricultores. Estas axudas, establecidas no marco da Política Agraria Común (PAC), van beneficiar a 2.041 agricultores, cunha asignación media por solicitante de 4.778 euros. Dos 2.041 beneficiarios, só 71 están en Galicia, cunha superficie de 1.126 hectáreas e un montante económico total de 220.761 euros.

Do total de beneficiarios a nivel español, 1.765 son novos agricultores que percibiron dereitos por un total de 8.424.005 euros, cunha asignación media por solicitante de 4.774 euros. Así mesmo, concedéronse dereitos por valor de 1.330.408 millóns de euros a outros 276 agricultores non mozos, de máis de 40 anos, que comezan a actividade agraria, cunha asignación media de 4.803 euros. Para establecer estas cantidades tivéronse en conta as peticións recibidas e as dispoñibilidades da reserva nacional.

O valor dos dereitos calcúlase en función da rexión de pago básico na que estean localizadas as parcelas dos solicitantes. Na seguinte ligazón pódese acceder ao resultado do cálculo da asignación dos dereitos de pago básico da reserva nacional 2022, segundo a información remitida ao FEGA polas comunidades autónomas.

Pago complementario durante 5 anos

Ademais, os novos agricultores poderán tamén beneficiarse do pago complementario a mozos, que supón para esta última campaña 2022 o 50% do importe medio dos seus dereitos activados, ata un máximo de 90 dereitos.

Este pago concédese por un máximo de cinco anos a partir do ano da primeira presentación da solicitude. Desde a campaña 2023, este pago convértese na nova axuda complementaria á renda para novos agricultores e agricultoras, polo que poderán seguir percibindo a axuda complementaria baixo este concepto polos anos que lles resten ata completar os cinco anos. A partir do 2023 o importe a percibir será o dobre do que se veu percibindo ata 2022, ata un máximo de 100 hectáreas, sen estar condicionado ao número de dereitos que se posúa como ata o de agora.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información