Así se repartiron os novos dereitos PAC da Reserva Nacional solicitados en 2020

Así se repartiron os novos dereitos PAC da Reserva Nacional solicitados en 2020

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) resolveu a asignación da reserva nacional do Réxime de Pago Básico correspondente á campaña 2020 da Política Agrícola Común.

O valor dos novos dereitos asignados correspóndese co valor medio destes na rexión na que estean localizadas as hectáreas dos solicitantes. Ademais, se o agricultor beneficiario xa dispón de dereitos e o seu valor é inferior ao valor medio rexional, os valores unitarios anuais dos devanditos dereitos increméntanse até o dito valor medio rexional.

De acordo coas peticións recibidas e as dispoñibilidades da reserva nacional asignáronse dereitos de pago básico a 2.922 agricultores por un importe de 13.597.009,69 euros, o que supón unha asignación media de 4.653,32 euros por beneficiario.

Novos agricultores e gandeiros, os máis beneficiados

Cabe destacar que os novos agricultores foron os principais beneficiados da nova distribución da reserva nacional 2020, dado que  2.510 mozos percibiron un total de 11.562.087,21 euros, cunha  fixación media por beneficiario que ascende a 4.606,41 euros. Estes novos agricultores, ademais, poderán beneficiarse dun pago complementario, no que se lles abonará o 50 % do importe dos seus dereitos até un máximo de 90 dereitos.

Así mesmo, a reserva nacional de pago básico concedeu a outros agricultores que comezan a actividade agraria un total de 2.034.922,48  euros, a repartir entre 412 beneficiarios, o que supón unha asignación media de 4.939,13 euros por beneficiario.

Segundo os datos enviados polas comunidades autónomas á base de datos de xestión de dereitos de pago básico do FEGA, a distribución de beneficiarios foi a seguinte:

dereitos reserva nacional PAC 2020

Unha vez realizada a distribución correspondente á reserva nacional  2020, aplicada sobre a base da información enviada polas comunidades autónomas, e tras comprobar que non hai risco de superación do límite máximo nacional neste réxime de axuda, o FEGA comunicou ás comunidades autónomas a autorización do abono do 100 % dos réximes desacoplados para esta campaña 2020, entre os que se inclúe o réxime de pago básico. Deste xeito, as comunidades autónomas terán de prazo para efectuar os pagos pendentes até o 30 de xuño de 2021.

A través da consulta pública de dereitos de pago básico publicada na páxina web do FEGA, poderase acceder, ao longo da primeira semana de marzo, ao resultado do cálculo da asignación dos dereitos de pago básico da reserva nacional 2020. Con todo, o resultado mostrado de reserva nacional non poderá ser considerado definitivo ata que non se efectúe a comunicación preceptiva da resolución estimatoria de asignación da reserva nacional 2020 por parte da comunidade autónoma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información