O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), resolveu a asignación de 9,12 millóns de euros da Reserva Nacional da Axuda Básica á Renda para a Sustentabilidade da Política Agraria Común (PAC) correspondente á campaña 2025.
Este importe beneficia a un total de 1.887 agricultores e gandeiros, cunha axuda media de 4.834 euros por beneficiario. O valor dos novos dereitos correspóndese co valor medio da rexión de axuda básica á renda na que se localizan as parcelas declaradas por cada solicitante.
Por tipo de solicitude, a asignación repartiuse da seguinte maneira:

Os novos agricultores son os principais beneficiarios desta asignación, con 1.551 perceptores (82 % do total) e máis de 8 millóns de euros concedidos, o que supón unha axuda media de 5.171 euros por beneficiario. O importe destinado a este colectivo supera nun 12,8 % o da campaña anterior.
Ademais, poderán acollerse á axuda complementaria á renda para novos agricultores e agricultoras, cuxo importe por hectárea equivale ao valor medio rexional correspondente, ata un máximo de 100 hectáreas, sen vinculación ao número de dereitos que posúan.
No caso de novas agricultoras con control efectivo da explotación, a axuda increméntase nun 15 % adicional sobre o valor medio rexional. Este pago pode percibirse durante un máximo de cinco anos desde a primeira solicitude.
Tamén se concederon dereitos a 221 novos agricultores, por un importe total de 940.941 euros, cunha asignación media de 4.258 euros por beneficiario.
Os agricultores en desvantaxe, categoría incorporada no período PAC 2023-2027, está destinada a agricultores que exercen a actividade agraria polo menos desde 2015 e que non participaran previamente no sistema de dereitos de pago básico. En 2025, 115 agricultores recibiron dereitos por un total de 161.905 euros, cunha media de 1.408 euros por beneficiario.
Segundo os datos enviados polas comunidades autónomas, a distribución de por territorios é a seguinte:

Na campaña 2025 non se rexistraron solicitudes correspondentes a agricultores participantes en programas de reestruturación, posibilidade contemplada na Reserva Nacional desde 2023.
Galego









Control OJD