O Consello de Ministros aprobou hoxe un real decreto que establece as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional de 193,47 millóns de euros para compensar a determinadas producións agrícolas e gandeiras polas dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína. Desta cantidade, 128,98 millóns fináncianse con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado e 64,49 millóns corresponden a fondos europeos.
Estas axudas forman parte do plan nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína, que destina máis de 430 millóns de euros para os sectores agrario e pesqueiro. Neste marco, o pasado día 30 de maio xa comezou o pago das axudas específicas para os produtores de leite de vaca, ovella e cabra afectados por esta situación, por un total de 169 millóns.
Así mesmo, o real decreto recolle unha disposición relativa ás novas comunicacións a realizar por parte dos Estados membros da UE sobre niveis de existencias de arroz, cereais, oleaxinosas e sementes certificadas. O obxectivo desta obrigación é conseguir un mellor coñecemento da situación do mercado e mellorar a súa transparencia, algo que é especialmente relevante en situacións como a actual, na que se están producindo algunhas distorsións nas canles comerciais de materias primas agrarias básicas.
Destino das axudas
Os 193,47 millóns de euros van dirixidos aos seguintes sectores:
– Vacún de carne: financiamento máximo 110 millóns de euros, dos que 97,7 millóns corresponden ao subsector de vacas nutrices e 12,3 millóns ao engorde de tenreiros.
– Ovino e caprino de carne: financiamento máximo de 31,7 millóns de euros.
– Avicultura de carne: financiamento máximo de 10 millóns de euros.
-Cunicultura: financiamento máximo de 3 millóns euros.
– Cítricos: financiamento máximo de 38,7 millóns de euros.
O importe unitario por animal, explotación ou hectárea subvencionable quedará definido en cada comunidade autónoma de acordo ao número de animais subvencionables que se declare no seu territorio polos beneficiarios. En calquera caso, estableceuse un teito de animais e de hectáreas subvencionables por beneficiario e uns importes unitarios máximos por animal ou hectárea subvencionable, o que consecuentemente leva consigo o establecemento duns máximos de axuda por explotación.
A contía unitaria da axuda para os produtores de vacún, ovino e caprino de carne, non poderá superar os 60 euros por vaca nutriz, 12 euros por tenreiro e 5 euros por ovella e cabra.
Para os produtores de avicultura de carne, a axuda máxima por beneficiario segundo a capacidade da explotación será a seguinte:
· De 251 a 1.000 prazas: 600 euros.
· De 1.001 a 5.000 prazas: 810 euros.
· De 5001 a 10.000 prazas: 1.200 euros.
· De 10.001 a 20.000 prazas: 1.800 euros.
· De 20.001 a 30.000 prazas: 2.400 euros.
· De 30.001 a 40.000 prazas: 3.000 euros.
· De 40.001 a 50.000 prazas: 3.600 euros.
· A partir de 50.001 prazas: 4.800 euros.
Para os produtores de coellos, a axuda máxima por beneficiario segundo a capacidade da explotación será a seguinte:
· De 50 a 500 prazas de reprodutoras: 2.580 euros.
· De 501 a 1.000 prazas de reprodutoras: 3.870 euros.
· De máis de 1.001 prazas reprodutoras: 5.160 euros.
Para os produtores de cítricos as contías máximas por hectárea serán:
· Para as 5 primeiras hectáreas: 300 euros/hectárea.
· A partir de 5 hectáreas e até 10 hectáreas: 250euros/hectárea.
· A partir de 10 hectáreas e até 30 hectáreas: 190 euros/hectárea.
O real decreto aprobado hoxe adopta un mecanismo simplificado para a presentación de solicitudes. Así, as axudas outorgaranse a todos os produtores de vacún de carne, ovino e caprino de carne e cítricos que cumpran os requisitos previstos nesta norma e presentasen en 2022 a solicitude única da Política Agraria Común (PAC).
No caso do sector avícola de carne e do sector cunícola, establécese un procedemento simplificado de xestión baseado nos datos máis actualizados declarados polos gandeiros no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA).
De igual forma establécese un procedemento para os produtores de cítricos que non presentasen a solicitude única, en base aos datos máis actualizados declarados polos agricultores no Rexistro Xeral da Produción Agrícola (REGEPA).
A tramitación, resolución, xustificación, pago e control das axudas corresponde ás autoridades competentes das comunidades autónomas. O prazo máximo para resolver e notificar a concesión das axudas será de tres meses desde a entrada en vigor deste real decreto, mentres que o pago aos beneficiarios deberá realizarse antes do 30 de setembro de 2022.
A distribución dos fondos nacionais ás comunidades autónomas aprobouse na Conferencia Sectorial de Agricultura celebrada o pasado 9 de maio:
Comunidades autónomas | Total presupuesto (UE+MAPA) |
Andalucía | 27.296.037 € |
Aragón | 10.949.220 € |
Asturias | 7.031.893 € |
Baleares | 1.184.876 € |
Canarias | 454.756 € |
Cantabria | 5.061.497 € |
Castilla-La Mancha | 11.150.393 € |
Castilla y León | 35.716.688 € |
Cataluña | 11.768.158 € |
Extremadura | 30.415.768 € |
Galicia | 11.843.397 € |
Madrid | 1.934.097 € |
Murcia | 5.130.476 € |
Navarra | 2.832.866 € |
País Vasco | 2.720.141 € |
La Rioja | 1.254.023 € |
Comunidad Valenciana | 26.655.714 € |
TOTAL | 193.400.000 € |