Así reparte Medio Rural 3,5 millóns de euros para a promoción dos alimentos galegos no mercado interior

produtos galegos agacal 1O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria das axudas da Consellería do Medio Rural para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior correspondentes ao 2024, cuxa dotación é de máis de 3,5 millóns de euros, cun investimento subvencionable superior aos 5 millóns. En total, subvencionaranse 69 actividades de consellos reguladores e asociacións de produtores.

A convocatoria, que é bianual, destina un importe de 2.544.000 euros para a anualidade de 2024 e 1 millón de euros para a de 2025. Isto permitirá financiar as campañas de promoción que se desenvolvan neste 2024 e tamén aquelas accións que se inicien neste ano e teñan continuidade no vindeiro ano, con data límite do 30 de abril. Estas achegas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Con estas axudas, os consellos reguladores e as asociacións de produtores beneficiarias poden afrontar as campañas de promoción, que inclúen a publicidade en todo tipo de medios; o material promocional; as degustacións; as misións comerciais; a asistencia a feiras galegas, nacionais e internacionais; a organización das feiras propias, maioritariamente dedicadas aos viños das distintas denominacións de orixe; e a realización de estudos de mercado ou xornadas divulgativas, entre outras accións.

A porcentaxe de axuda sobre os investimentos pode acadar o 70%, sendo incompatibles neste caso con outras axudas concedidas para os mesmos conceptos se superan ese límite.

Velaquí o reparto:

REPARTO AXUDAS PROMOCION 24 1 REPARTO AXUDAS PROMOCION 24 2 REPARTO AXUDAS PROMOCION 24 3

Enlace á resolución no DOG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información