Así quedan os prezos dos produtos lácteos no inicio do 2025

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as cotizacións dos produtos lácteos, destacando a baixada no prezo da manteiga, mentres que sobe o leite en po. O prezo do leite spot en Italia  baixa ata os 0,575 euros o litro.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta primeira semana de xaneiro para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 743 €/100 kg, -3,5 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 262 €/100 kg, +1,8 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 442 €/100 kg, + 1,7 % ,,
-Queixo cheddar: 447 € /100 kg – 0,05% nas últimas catro semanas

Captura de pantalla 2025-01-09 104423

En canto á situación dos principais países exportadores de lácteos, Estados Unidos é máis competitivo nos prezos da manteiga e do queixo, mentres que Nova Zelanda éo no leite en po enteiro e a Unión Europea no leite en po desnatado.

Captura de pantalla 2025-01-09 104528

Poxa de Fonterra

Por último, a poxa desta semana da cooperativa neozelandesa Fonterra rematou cunha baixada do 1,4%. En concreto, caeu a cotización do leite en po, mentres que subiu a do queixo e a da manteiga.

Captura de pantalla 2025-01-09 104630

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información