Así evolucionou a produción de leite en España en 2021 nas distintas Comunidades

Galicia liderou o incremento da produción de leite de vaca en España en 2021, cun incremento do 3,44% nas entregas, co que rozou os 3 millóns de toneladas producidas e xa representa o 40% da produción española. Así se desprende do “Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e en España en decembro de 2021”, elaborado pola Asociación Galega Terra e Leite, partindo da información publicada na páxina web do MAPA (Vacuno lechero. Declaraciones de entregas. Datos decembro 2021) e do Milk Market Observatory (Historical EU Prices of raw milk, de data 02.02.2022).

Como síntese, dende Terra e Leite salientan que “as entregas no ano 2021 medraron no conxunto de España en 81.671 t, o que supón un incremento do 1,11% respecto ao ano 2020, e (…..) ao igual que nos cinco anos anteriores, en Galicia seguen aumentando as entregas a un ritmo superior que a media nacional (+3,44%, +99.396 t), superando o 40% da produción española”.

Nas outras catro comunidades españolas cunha maior produción, produciuse un lixeiro incremento en Castela e León (+0,51%, +4.721 t) e descensos menores ao 1% en Cataluña (-0,79%, -5.996 t), Andalucía (-0,82%, -4.758 t) e Asturias (-0,47%, -2.689 t).

TERRA E LEITE ENTREGAS 2022 1

A asociación tamén advirte de que “a estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) continúa amosando un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real”. “A media estatal estandarizada é de 36,5 c/L, que aumenta ata 37,3 c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 35,5 c/L”, explican dende Terra e Leite.

TERRA E LEITE ENTREGAS 2022 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información