Así comeza 2021 para as exportacións españolas de viño: Máis volume pero a menor prezo e con Alemaña como primeiro mercado

Publicidade

EXPORACIONS VIÑO 2021 XAN FEB VOLUMEDurante os dous primeiros meses de 2021 as exportacións de viños españois experimentaron un crecemento en volume do 8,5%, até os 337,7 millóns de litros (+26,6 millóns), aínda que a facturación reduciuse un -2,8%, até os 374,5 millóns de euros (-10,9 millóns), segundo o informe que acaba de publicar o Observatorio Español del Mercado del Vino (OeMv).

Por produtos, o bag-in-box mantén a súa boa marcha, crecendo tamén as vendas dos viños de licor e de agulla, aínda que todos eles, a prezos máis económicos. Tamén creceron as exportacións dos viños varietais envasados (+17% en valor e +11% en volume) e dos viños sen indicación a granel (+20%) e varietais a granel (+10%), en volume.

Dentro dos viños tranquilos envasados, caeron, tanto en volume como en valor, os viños con DOP e os viños con IXP envasados, aumentando o volume dos viños sen ningunha indicación (+18%), aínda que perderon un 2,4% en valor. No lado positivo, aumentaron as exportacións dos viños varietais envasados (+16,7% en valor e +11,2% en volume). Tanto en euros como en litros, creceron as vendas tanto dos viños brancos varietais (+8,3% en valor e +4,6% en volume), como as dos viños varietais tintos e rosados (+20,6% en valor e +14,7% en volume).

EXPORACIONS VIÑO 2021 XAN FEB

Se temos en conta os viños envasados no seu conxunto, é dicir, incluíndo os viños tranquilos, xenerosos e de agulla) e por mercados, entre o once principais, aumentaron en valor e en volume, nos dous primeiros meses de 2021, Alemaña (+14% en valor e +33% en volume), Reino Unido (+1,6% en valor e +8,2% en volume), Países Baixos (+4,4% en valor e +7,8% en volume) e Xapón (+4,2% en valor e +5,8% en volume).

Ademais, creceron en valor, Suíza (+2,6%) e Portugal (+5,2%), aínda que caeron en volume. En litros, rexistraron, ademais, evolución positiva, EE.UU. (+18%), Francia (+53%) e México (+8%). No lado negativo, mala marcha das exportacións a China (-10% en valor e -32% en volume) e Canadá (-5% en valor e -16% en volume).

En canto aos viños en envases entre 2 e 10 litros, xeralmente en bag in box (BiB), manteñen a boa marcha rexistrada en 2020 nos dous primeiros meses de 2021. Segue sendo o produto que mellor comportamento presenta no arranque de 2021, rexistrando crecementos do +30% en valor, até os 10,4 millóns de euros e do +49% en volume, até os 8,4 millóns de litros, aínda que con prezos medios uns -12% inferiores, até os 1,24 €/litro. Nos dous primeiros meses de 2021, exportáronse 2,7 millóns de litros máis e facturáronse 2,4 millóns de euros máis polas exportacións de viño español en bag-in-box.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio Español del Mercado del Vino (OeMv)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información