Asemblea dos serradoiros da provincia da Coruña

Publicidade
Asemblea dos serradoiros da provincia da Coruña

O director da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, Alfredo Fernández Ríos, puxo hoxe en valor o papel que desempeñan as asociacións sectoriais da industria forestal-madeira por como “permiten ás empresas acadar obxectivos que de xeito individual non serían asumibles”.

Isto fíxoo na asemblea xeral ordinaria da Asociación Provincial de Industrias da Primeira Transformación da Madeira da Coruña (Apralco)-Fearmaga, onde tamén destacou a súa función como interlocutoras coa Administración.

“Para a Xunta é fundamental ter contacto de primeira man coas asociacións sectoriais”, dixo o director da Xera, quen salientou que esta colaboración público-privada é clave para o deseño dos apoios económicos que a Administración autonómica pon á disposición das empresas do sector. “Fai máis doado optimizar a xestión dos fondos públicos e a execución de proxectos precisos para a modernización tecnolóxica e a mellora da contorna laboral dos traballadores”, dixo.

Pola súa banda, a directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, lembrou que está xa publicada na web da Consellería do Medio Rural a instrución sobre a substitución por eucalipto de masas de piñeiro gravemente afectadas pola banda marrón, para o caso daqueles propietarios forestais que queiran acollerse a esta medida de flexibilización incluída na moratoria. O documento concreta os trámites necesarios en relación ao establecido na Lei de medidas que acompaña os orzamentos deste ano e que introduce dúas flexibilizacións na moratoria do eucalipto ata 2030.

Ademais, Luisa Piñeiro ofreceu a colaboración da Administración para avaliar a introdución de modificacións en certos aspectos do Regulamento EUDR que son de interese para o sector.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información