Asemblea anual do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia

Asemblea anual do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia

O Colexio celebrou este ano a Asemblea de xeito virtual.

O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia (COETFG) vén de celebrar a súa Asemblea Xeral Ordinaria, este ano en formato de videoconferencia, adaptándose ás circunstancias xeradas pola Covid-19. Entre as novidades, a Asemblea deste ano aprobou o Código Deontolóxico da Enxeñaría Técnica Forestal en Galicia e o Regulamento de Réxime Interno da quenda de oficio de asistencia pericial á Administración de Xustiza, ambos co consenso xeral do colectivo.

Así mesmo, o Colexio presentou a Memoria anual de Actividades impulsadas nas distintas áreas e seccións colexiais, ademais de presentar as propostas para o novo ano.

De cara ó 2021, a entidade pon foco no cumprimento da lexislación vixente e no requirimento legal de Colexiación no COETFG para exercer a profesión da Enxeñaría Técnica Forestal en Galicia, profesión na que a colexiación obrigatoria continúa vixente, tanto para o exercicio por conta propia como por conta allea.

O obxectivo do Colexio sitúase na defensa de todos os profesionais que exercen legalmente, coa denuncia de todos aqueles casos que poidan supor competencia desleal e/ou supoñer un risco, tanto para a cidadanía en xeral, como para a profesión en particular.

A directiva abordou tamén o presente e o futuro da profesión, e a forza que o colectivo debe exercer antes as distintas administracións con competencias no sector forestal e medioambiental, esixindo o recoñecemento das súas atribucións profesionais e defendendo a presenza desta Enxeñaría nos distintos trámites administrativos, así como no asesoramento directo a empresarios, propietarios forestais ou a calquera cidadán que o precise.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información