Asaja prevé a exportación de carne e lácteos galegos a Indonesia

Unha delegación comercial do país asiático visita estes días Galicia co obxectivo de pechar un proxecto para producir un cruce de vaca rubia galega cunha raza propia de Indonesia

Asaja prevé a exportación de carne e lácteos galegos a Indonesia

A delegación de Indonesia está a manter diversas reunións e contactos en Galicia. / Imaxe: Asaja.

A organización agraria Asaja participa estes días nos actos relacionados coa visita a Galicia dunha delegación comercial de Indonesia. A delegación do país asiático está na comunidade co obxectivo de pechar un proxecto para producir un cruce de vaca rubia galega cunha raza propia de Indonesia, unha iniciativa na que traballa a empresa galega Indogal.

Desde Asaja prevén tamén que os contactos permitan a exportación de carne e de lácteos de Galicia para Indonesia, segundo indican en nota de prensa. A delegación comercial de Indonesia está formada por representantes políticos, económicos e relixiosos. Entre eles está o xeneral Wiranto, exministro de Defensa, así como o número dous do Ministerio de Agricultura, Syukur Irwantoro, segundo informa Asaja.

Os representantes do país asiático realizaron visitas a industrias alimentarias galegas e segundo Asaja, teñen intención de comezar a importar produtos cárnicos de inmediato, en tanto que tamén se prevé a adquisición de lácteos no curto prazo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información