As rutas do viño únense baixo a marca Enoturismo de Galicia

Publicidade
As rutas do viño únense baixo a marca Enoturismo de Galicia

Presentación de la marca Enoturismo de Galicia

As Rutas do Viño do Ribeiro, Ribeira Sacra, Rías Baixas e Monterrei traballarán conxuntamente baixo o paraugas de Enoturismo Galicia co fin de dar a coñecer o patrimonio vitivinícola de Galicia. A nova marca do Clúster Turismo de Galicia presentouse este martes na aula gastronómica da praza de abastos en Santiago de Compostela.

O secretario do Clúster, Cesáreo Pardal, explicaba que Enoturismo Galicia nace co obxecto de adoptar unha estratexia común por parte das Rutas do Viño que permitan dar a coñecer o patrimonio vitivinícola do territorio, promocionando de forma conxunta o enoturismo e a enogastronomía.

Así mesmo, Dna. Carmen Pita, da Axencia de Turismo de Galicia, encomiou a importancia do traballo en equipo dos sectores implicados no turismo e do turismo enológico na nosa comunidade.

Interviñeron tamén representantes das catro rutas do viño comentando as singularidades de cada unha delas e a importancia de traballar de maneira conxunta na promoción. Dª. Concepción Iglesias Pousa, vicepresidenta do Consello Regulador da D.O.; por parte do Ribeiro, D. José Manuel Rodríguez González, presidente da Ruta do Viño de Ribeira Sacra, o director técnico do Consello Regulador de Monterrei, Luís Miguel López Núñez e o Presidente da Ruta do Viño de Rías Baixas, D. Juan Gil de Araujo.

Premios para o hagstag #enoturismogalicia

Tras a presentación da marca, os medios de comunicación asistentes ao acto puideron gozar dunha cata- maridaxe dos viños das catro rutas do viño a cargo do premiado enólogo Nacho Costoya. E tapas elaboradas, para cada un dos viños, polos recoñecidos chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela.

Ademais, os medios e bloggers enológicos e gastronómicos alí presentes participaron nun concurso no que o agraciado foi premiado cun paquete Outono Gastronómico consistente nun menú, aloxamento e almorzo para dúas persoas e outros agasallos. Premios que tamén poderán gañar desde hoxe e ata o 30 de outubro quen suban unha foto de experiencias gozado dalgún viño destas rutas a RRSS (Twitter, Facebook e Instagram) cos hasgstag #sorprendeatussentidos #enoturismogalicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información