As exportacións de Rías Baixas medran un 7,6% en 2015 e representan máis do 28% das vendas

A Denominación de Orixe pecha 2015 cunha cifra récord de máis de 20 millóns de litros de viño cualificado

Publicidade
As exportacións de Rías Baixas medran un 7,6% en 2015 e representan máis do 28% das vendas

Juan Gil de Araújo, presidente do CRDO Rías Baixas

A Denominación de Orixe Rías Baixas pechou o exercicio 2015 facendo historia, ao cualificar un total de 20.344.167 litros de viño, o que supón un incremento do 5% sobre o exercicio anterior, segundo a información feita pública hoxe polo Consello Regulador.

Unha tendencia que tamén se está cumprindo no mercado internacional, onde os viños de Rías Baixas creceron un 7,6% en volume, alcanzando as 7.728.544 botellas; e un 5,68% en valor, chegando aos 29.951.759 euros, durante o pasado exercicio. Deste xeito, as exportacións representan máis do 28% do total do viño cualificado en Rías Baixas.

Un total de 97 adegas, das 183 adscritas á Denominación, comercializaron os seus viños nalgún dos seis mercados onde o Consello Regulador activou plans de exportación (Estados Unidos, Reino Unido, México, Irlanda, BENELUX e Xapón) ou nalgún outro onde este Consello organiza accións de promoción puntuais como Suíza, China ou Canadá. Todo iso co fin de reforzar a presenza dos viños de Rías Baixas apoiando así o esforzo exportador das adegas.

EXPORTACIÓNS POR DESTINOS

País

Volumen 2015

Valor 2015

1

Estados Unidos

2.084.955,49 litros

11.210.255,67 €

2

Reino Unido

991.797,50 litros

4.644.499,27 €

3

Alemania

595.847,55 litros

2.264.810,41 €

4

Puerto Rico

307.438 litros

1.925.383,32 €

5

México

246.815 litros

1.372.958,11 €

6

Holanda

207.400,75 litros

729.028,59 €

7

Japón

165.420 litros

819.455,07 €

8

Irlanda

141.280,75 litros

729.027,59 €

9

Suiza

113.333,25 litros

653.634,92 €

10

Suecia

95.337,50 litros

497.031,79 €

Os dez principais mercados de exportación na Denominación de Orixe Rías Baixas son Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Porto Rico, México, Holanda, Xapón, Irlanda, Suíza e Suecia. Chaman a atención os crecementos experimentados por Xapón (74,78%), Puerto Rico (41,6%), Reino Unido (34,81%) e Alemaña (14,31%), entre outros.

O presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, asegura que “aínda que en Estados Unidos estamos ben situados, aos poucos vanse equilibrando as cifras de vendas dos viños de Rías Baixas entre Europa e América. Por iso, nos últimos anos intensificamos os nosos plans específicos en diferentes países e xa estamos a recoller os seus froitos”. Neste sentido, engade que “eu máis aló das cifras en si destacaría o valor que adquiren os viños de Rías Baixas, cuxo prezo é moi parello, se me permiten a comparación, ao prezo medio dos viños franceses. E precisamente este elevado prezo medio ao que se venden os nosos viños e que engade valor é a contribución que esta denominación de orixe fai ás exportacións dos viños españois, un beneficio que tamén reverte no territorio”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información