As claves para a manifestación do 17 de xullo

Cooperativas, organizacións agrarias e concellos están a organizar a manifestación deste venres. Velaquí o percorrido e o programa da manifestación de Santiago de Compostela

As claves para a manifestación do 17 de xullo

Concentración en Lalín en apoyo de los ganaderos

Unha manifestación “branca”, sen siglas partidarias nin de organizacións, para que poida participar o maior número de persoas posible. Esa é a filosofía coa que se está a organizar a manifestación que percorrerá mañá as rúas de Santiago de Compostela para esixir solucións aos baixos prezos que están a percibir os gandeiros polo leite.

A cabeceira da manifestación portará unha pancarta co lema “Pola economía do rural, loitemos polo sector lácteo!” e unha segunda faixa detrás da que irán os alcaldes dos concellos con explotacións gandeiras co lema “Os alcaldes galegos coa defensa do sector lácteo”.

Máis de 150 autobuses fletados polos concellos

Neste sentido, xa teñen confirmado a súa asistencia a marcha polas rúas composteláns, un terzo dos alcaldes e alcaldesas de Galicia e arredor do 80% das corporacións municipais galegas contarán con representantes na mobilización. En total, os concellos galegos levan fletados máis de 150 autobuses para a marcha. 

O punto de encontro é ás 11:45 horas na explanada de Salgueiriños, fronte ao edificio de Facenda. A saída está prevista para as 12.30 horas da mesma explanada.

A continuación baixará ata San Caetano, rodeando a Xunta de Galicia, para baixar logo pola avenida Rodríguez de Viguri, e rúas Concheiros, San Pedro, Casas Reais, Preguntoiro, e rúa da Conga para desembocar na Praza da Quintana.

Sobre as 14:00 horas esta previsto que chegue á Quintana, onde o xornalista da Televisión Española, Xabier Fortes lerá un manifesto.

Agárdase que esta mobilización sexa masiva, xa que se estima que as explotacións lácteas galegas xeran arredor duns 50.000 postos de traballo, entre directos e indirectos, tal e como sinalou onte en rolda de prensa Lara Barros, representante do Sindicato Labrego Galego.

Unha organización a nivel local na que mesmo está participar alcaldes do PP

A organización desta manifestación está a ser descentralizada, a nivel local e comarcal, con participación tanto das cooperativas, como dos concellos e das organizacións agrarias.

Especialmente importante está a ser o papel das cooperativas. Así, o director-xerente de AGACA, Higinio Mougán asegura que “vai participar un número moi importante de cooperativas que están mobilizando ao sector e organizándose en coordinación cos concellos para fletar autobuses, e alí onde o concello non se move faino a cooperativa”.

“A organización é moi a nivel local e percibimos que vai haber unha participación unitaria e maioritaria”, afirma.

Fontes da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego recoñecen que “mesmo alcaldes do PP de concellos con peso do sector lácteo están a apoiar a mobilización fletando autobuses para desprazarse a Santiago”.

Reunión da Plataforma con alcaldes do Xallas e co PPdeG

OPL_ALCALDE_STA_COMBA_MAZARICOS

T Reunión da Plataforma con alcaldes do Xallas.

Ata o de agora a Plataforma recibiu o apoio de todas as forzas políticas galegas, a última onte foi a de Podemos. Todas a excepción do Partido Popular de Galicia.Hoxe ao pola mañá, membros da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo,  reuníronse cos alcaldes de Santa Comba e Mazaricos, dous dos concellos que conentran a maior cabana gandeira de Galicia. En representación da Plataforma acudiron os representantes da Organización de Productores de Leche (OPL) e da FRUGA, entre outros, pero non das organizacións agrarias maioritarias (UUAA, SLG e ASAJA-Galicia).

E a mediodía a reunión foi en Santiago de Compostela co secretario de Agricultura do PPdeG e ex-alcalde de Lalín, Xosé Crespo. Esta previsto que o próximo martes, trala manifestación de mañá, se celebre en Santiago unha nova asemblea da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información