Arzúa acolle esta fin de semana a Mostra Galega de Apicultura

Arzúa acolle esta fin de semana a Mostra Galega de Apicultura

Este sábado día 3 de xuño celebrarase en Arzúa a 38ª Mostra Galega de Apicultura. A actividade terá lugar no local da sede de AGA en Arzúa (xestión administrativa e recollida de material do Plan apícola) e no local da Polbeira de Santa María (conferencias e asemblea). Nos arredores do Centro de Divulgación do Queixo e do Mel estarán os postos dos comerciantes e provedores de material e produtos apícolas.

As persoas asistentes poden aproveitar este día para recoller a parte do material do Plan Apícola que teñan solicitado. A asociación lembra que este material (alimento, cera, fondos…) debe estar retirado antes do día 1 de xullo, por seguimento de AGA e operatividade das casas comerciais provedoras.

Esta Mostra xira arredor de dous temas de actualidade para os apicultores e as apicultoras, tal como é o papel do cambio climático na apicultura actual e as derivas do mel no mercado galego, español, europeo e mundial, tanto na súa comercialización por xunto coma polo miúdo. Desde o punto de vista técnico, abordaranse innovacións para protexer as colonias de abellas da vespa velutina. E desde a profesión abelleira explicaranse as axudas da PAC 2023 para a apicultura.

Dado que na pasada convocatoria do Día do Apicultor que se realizou o 4 de febreiro non se puido realizar a asemblea xeral anual deste ano 2023, por causa de non haber quórum suficiente para o seu desenvolvemento conforme os Estatutos de AGA (artigo 29), como esta é unha data propicia para poder convocar as socias e os socios da Asociación Galega de Apicultura, convócase a Asemblea Xeral ordinaria para este sábado día 3 de xuño.

 

PROGRAMA DA 38ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA

10.00 h: Conferencia: O cambio climático e a práctica da apicultura, por Etienne Bruneau, do CARI-Centro Apícola de Investigación e Información, Bélxica.

11.30 h: Asemblea xeral de AGA.

14.00 h: Xantar abelleiro na polbeira de Santa María.

16.00 h: Mesa redonda sobre O proxecto da nova directiva europea e as medidas que se deben tomar para limitar a adulteración do mel, coordinado por Etienne Bruneau, presidente do Grupo de Traballo «Mel» do Copa e Coxeca.

17.30 h: Presentación: O módulo protector de canalización con aleiróns eléctricos, por José María Serpa, inventor e investigador, xerente da empresa SERPA.

18.00 h: Axudas da PAC 2023, por unha entidade de asesoramento colaboradora de AGA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información