
Primeiro dos cursos de formación en dixitalización, impartido por Arza este mércores en Paradela
A dixitalización do sector agrícola e gandeiro é unha tendencia imparable, en parte motivado polas esixencias normativas ao respecto. Por iso, a empresa lucense Arza Ingeniería, unha das principais entidades de asesoramento ao sector e de tramitación da PAC en Galicia, convoca cursos de formación nas principais zonas de produción da comunidade.
Este programa formativo, que arrincou esta semana nas localidades de Paradela onte mércores, en Triacastela hoxe xoves e en Samos mañá venres, terá continuidade durante todo o mes de outubro co seguinte calendario:
- 1 de outubro: Paradela
- 2 de outubro: Triacastela
- 3 de outubro: Samos
- 6 de outubro: Sarria
- 7 de outubro: Becerreá
- 8 de outubro: Láncara
- 20 de outubro: Castro de Rei
- 21 de outubro: Friol
- 22 de outubro: Castroverde
- 23 de outubro: Paralela
- 24 de outubro: Sarria
- 27 de outubro: Láncara
- 28 de outubro: Portomarín
- 29 de outubro: Lalín
Proximamente convocaranse tamén noutras zonas das provincias da Coruña e Pontevedra onde ten especial relevancia o sector agrogandeiro, como Mazaricos ou Silleda. A formación é presencial cunha duración de 4 horas.
Son xa máis de 600 persoas as que están inscritas para participar nestes cursos. As persoas que aínda desexen anotarse poden facelo chamando ao teléfono 982 20 14 28.
Caderno dixital e facturación electrónica
Dentro dos contidos que se imparten nestes cursos están algunhas cuestións básicas ás que se teñen que adaptar as explotacións, como o caderno dixital AZagro ou o novo sistema de facturación electrónica VeriFactu.
O novo sistema de facturación electrónica esixido pola Axencia Tributaria, que entra en vigor para empresas e autónomos a partir do vindeiro 1 de xaneiro de 2026, afecta tamén de cheo ao sector agrogandeiro, segundo o recollido no Real Decreto 254/2025.
A formación impartida por Arza Ingeniería inclúe ademais o seguinte temario:
- SIGE para vacún, porcino e avicultura
- caderno de fitosanitarios, incluíndo contratos para profesionais
- caderno de pastoreo
- caderno de abonado, incluído o plan de abonado
- caderno de labores
- facturación electrónica
- inventario de obras e máquinas
- arquivo de documentos
Á vangarda da innovación tecnolóxica
Arza Ingeniería atópase á vangarda da innovación tecnolóxica aplicada ao sector agrogandeiro, tendo sido este ano a primeira empresa en subir datos á plataforma dixital facilitada polo Ministerio de Agricultura grazas á sincronización das súas ferramentas e aplicacións co CUE.
O caderno dixital AZagro, desenvolvido por Arza Ingeniería, é unha ferramenta útil e sinxela para mellorar a rendibilidade da explotación e cumprir co SIGE, xa que permite unificar todos os rexistros da granxa nun mesmo sitio e obter de maneira doada o informe para o Sistema Integral de Xestión de Explotación, un documento obrigatorio requerido pola Administración para aquelas ganderías con máis de 20 UGM.
Arza foi a primeira empresa en subir datos á plataforma do Ministerio de Agricultura, transferindo máis de 250.000 rexistros
O programa está deseñado para ser usado tanto por técnicos como por gandeiros dunha maneira cómoda e intuitiva. A idea é facilitar o máximo posible a introdución de datos e a súa modificación posterior de ser necesario. Trátase do único programa do sector enfocado á toma de datos das explotacións para a xeración do informe SIGE dunha forma automática e con todo o requirido pola Administración.
Galego









Control OJD