A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Arredor de 400 persoas déronse cita na xornada de portas abertas en Gandería Chancela

LELY CHANCELA 3Arredor de 400 persoas, a maioría gandeiros de vacún de leite de Galicia, pero tamén doutras partes de España, déronse cita este xoves nunha xornada de portas abertas en Gandería Chancela (San Xorxe de Augas Santas, Palas de Rei).

A xornada estivo organizada por Lely en colaboración coa cooperativa Aira, Galical, Allflex, Agrícola Noroeste e Servizos Gandeiros Muiña.

Gandería Chancela conta con 4 robots de muxido Lely Astronaut A5 para as súas 180 vacas en lactación, así como 2 Lely Collector C2 para a limpeza dos seus patios, un arrimador de comida Lely Juno 150 e 2 cepillos Lely Luna.

Os visitantes puideron ver como funciona esta explotación de vacún de leite que dende a incorporación de José Antonio Serén Blanco no 2001, decidiu apostar progresivamente pola robotización e automatización.

Ao comezo da xornada tivo lugar a visita do alumnado de terceiro e cuarto de primaria do CEIP Plurilingüe de Palas de Rei.

“Foi unha xornada festiva e con moi boas sensacións”, destaca Juan Alonso, responsable de márketing de Lely en Galicia.  Asemade, mostra o seu agradecemento “tanto a Gandería Chancela por abrirnos as portas da súa granxa como a todos os colaboradores que se implicaron para que este evento fora un éxito”. A xornada rematou cun xantar de confraternidade a base de polbo e carne ao caldeiro.

Fotos da xornada

LELY CHANCELA 10 GANDEIROS

 

LELY CHANCELA 1 LELY CHANCELA 4 LELY CHANCELA 5 LELY CHANCELA 6 LELY CHANCELA 7 LELY CHANCELA 8 LELY CHANCELA 9

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *