Arrancan as Xornadas Gastronómicas da Filloa en Boqueixón

Dende hoxe e ata o sábado 29 varios locais hostaleiros de Boqueixón ofrecen distintas propostas coa filloa como protagonista. As tapas terán un prezo de 2 euros

Publicidade
Arrancan as Xornadas Gastronómicas da Filloa en Boqueixón
Data inicio: 24/02/2020
Data fin: 29/02/2020
Lugar: Boqueixón, España

Boqueixón inicia hoxe as V Xornadas Gastronómicas da Filloa que se prolongarán ata o próximo sábado, día 29. Ó longo desta semana varios locais da hostalería empregarán a filloa como base para a elaboración das súas tapas, con propostas tanto doces como salgadas.

Os establecementos que participan son: Bar-Restaurante “O Imprevisto”, restaurante “Vente vindo”, café-bar “O 26”, cervexería “O Vikingo”, restaurante “Vía da prata”, Casa de Xantar “Casa Castro” e taberna “O tapeo”.

As xornadas desenvolveranse ata o 29 de febreiro en horario de 12:00 a 15:00 horas e de 21:00 a 23:30 horas. As tapas terán un prezo de 2 euros.

– Consulta aquí o mapa cos establecementos participantes.

 

cartel-Xornadas-filloa-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *