Areeiro recomenda incrementar a atención fronte ao oídio nas viñas e a vixilancia ante o mildio

Confirma a actual situación favorable das plantas xa tratadas e que xa se empezan a observar os primeiros acios de albariño con uva formada

Publicidade
Areeiro recomenda incrementar a atención fronte ao oídio nas viñas e a vixilancia ante o mildio

Acio e folla de viñedo con síntomas de oídio. Cedida

A Deputación de Pontevedra lanza unhas recomendación ante a situación actual dos viñedos. En concreto, aconsella manter a vixilancia ante o mildio nas viñas da provincia esta semana, xa que a climatoloxía é máis seca. Os últimos tratamentos realizados provocaron unha situación mi favorable e así a maioría das parcelas están libres de síntomas da enfermidade. Porén, os técnicos da Estación Fitopatolóxica Areeiro advirten da presenza de oídio nalgunha viña de variedade albariña, polo que recomendan incrementar a vixilancia ante a patoloxía.

As indicacións dende Areeiro céntranse na roza da vexetación baixo as viñas e tamén a realización doutras labores culturais que faciliten a ventilación e impidan as retencións de humidade innecesarias. Algúns deses traballos son os despuntes das viñas excesivamente vigorosas ou frondosas e a retirada dos brotes chupóns. Nestes días comezan a observarse ademais os primeiros acios de albariño con uva formada, e o bo tempo axudará a superar a floración nas próximas semanas.

Inciden en instalar trampas nos soutos ou plantacións para comprobar o estado das poboacións de tortrícido precoz

Destacan as boas noticias sobre a botrite, pois co tempo seco desta semana e a previsión da súa continuidade para a semana que entra os restos das flores desprenderanse sen problema. Tamén seguen a ser baixas as capturas de avelaíña da uva, se ben esta semana atopamos o primeiro niño (glormérulo) en dúas viñas.

En canto ao castiñeiro, esta semana aínda se incrementou máis a cifra de capturas de tortrícido precoz na trampa que a Deputación ten instalada en Areeiro, e tamén na instalada en Ponte Caldelas. O persoal técnico do centro ve posible que se alcance o pico de voo proximamente, momento no que recomendan aplicar un tratamento. Por iso, insisten na importancia de que cada persoa instale trampas nos seus soutos ou plantacións para comprobar o estado das poboacións en cada caso concreto. Por último, en canto á bolboreta do buxo, seguen sen capturarse adultos nas trampas instaladas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información