Areeiro detecta tamén as primeiras manchas de Mildeu en viñedos das Rías Baixas

Publicidade
Areeiro detecta tamén as primeiras manchas de Mildeu en viñedos das Rías Baixas

Primeira mancha aceite do día 2 maio. Foto: Estación Fitopatolóxica do Areeiro

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, informa de que hoxe mércores detectou os primeiros fungos de mildeu, en estado de mancha de aceite, en viñedos do Salnés e do Rosal.

En todo caso, os técnicos precisan que “en ningún dos casos as manchas estaban esporuladas, xa que tampouco as condicións de temperaturas nocturnas habidas ata o de agora foron favorables a esta circunstancia”.

Sen embargo, as diferentes axencias meteorolóxicas anuncian tempo seco a partir de hoxe, con temperaturas aínda baixas de noite pero máis cálidas de día nos días inmediatos pero subindo tamén as mínimas nos días seguintes.

Ante esta situación, e tendo en conta todos estes factores, o persoal técnico da Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomenda que “é necesario extremar ao máximo a vixilancia onde non se detectara mancha, e tratar no resto de casos”.

Ademais, lembran que cos funxicidas sistémicos ou penetrantes, que son os que se empregan nestes tratamentos, “abonda con que transcorra unha hora entre a aplicación e as choivas para que o produto penetre nas plantas e poida protexer ás viñas”. “Ademais -engaden-, tamén se pode engadir un mollante ao caldo para favorecer a adherencia do funxicida ás plantas”.

Os beneficiarios das axudas á reestructuración de viñedo deben presentar a PAC antes do oito de maio

viñedo_madeira_postesA Consellería do Medio Rural enviou notificacións oficiais aos beneficiarios de axudas á reestructuración e reconversión do viñedo nos anos 2015, 2016 ou 2017, nas que lles esixe que teñen que presentar a solicitude única da PAC declarando nela todas as parcelas agrícolas -de viñedo ou de calquera outro uso ou cultivo agrícola- da súa explotación.

O prazo de presentación ampliouse ata o vindeiro luns, 7 de maio. A tramitación da solicitude única deberá facerse utilizando o rexistro electrónico e a aplicación informática SGAcap accesible dende o enderezo hhttps://sede.xunta.es.

Esta tramitación poderá facela o propio afectado a través desta páxina web, ou a través das entidades colaboradoras. Deben gardar as notificacións, xa que na parte superior das mesmas figura un código de identificación (CIP) de 10 díxitos que é imprescindible para acceder aos datos necesarios para completar a súa solicitude única PAC-DR 2018, ou para realizar calquera outra xestión relacionada con esta (alegacións ao SIXPAC, etc.).

A Asociación Agraria de Galicia informa de que “os afectados que queiran consultar as súas dúbidas sobre esta obriga, ou os que estean interesados en que lles axudemos coa presentación da PAC, poden achegarse pola oficina da Asociación Agraria de Galicia máis cercana”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información