Areeiro advirte da expansión do mildio larvado nas viñas

Publicidade

peche_do_acio_en_treixadura_o_rosalA Estación Fitopatolóxica Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, lanza novos avisos ante as situacións observadas nas súas parcelas de seguimento e outras visitadas ao azar.

En todo caso, os técnicos lembran que “aínda que esta información pode ser unha representación da situación xeral, hai que revisar sempre cada predio, pois pode haber situacións diferentes polas condicións particulares e/ou pola/s variedade/s, e só avaliando o estado de cada leira e actuando segundo o observado poderemos lograr, entre todos, unha mellor xestión dos nosos cultivos”.

Velaquí as recomendacións dos técnicos de Areeiro: 

Estado fenolóxico:

(K) – L Baggiolini; (75) – 77 – (79) BBCH

As temperaturas altas e a humidade derivada da nebulosidade, e das néboas que houbo en moitas ocalizacións, estes días pasados volveu favorecer o desenvolvemento dos acios, de xeito que en xeral, e independentemente da variedade de que se trate, o peche do acio é xa o estado dominante.

Os acios nos que se formou menos froito, en número relativamente alto esta campaña nalgúns redios, presentan o mesmo tamaño da uva pero non chegan a ter os grans apertados entre eles. Ademais, e xa a modo de curiosidade, algunha variedade tinta moi temperá xa ten algúns grans nos que se está alcanzando o inicio do pintado. Hai que dicir que tanto a climatoloxía dos días pasados coma os estados fenolóxicos actuais coinciden cos rexistrados a campaña anterior na última semana de xuño.

Mildio:

Como estaba previsto, desde a fin de semana e mesmo ata hoxe xoves estamos a ter unhas emperaturas diúrnas e nocturnas moi altas que, aínda que ao principio do período non viñeron compañadas de precipitación, si o fixeron de néboas máis ou menos densas segundo as localidades.

Aínda así, a maioría das viñas manteñen un excelente estado no relativo a este patóxeno. Porén, e falando en xeral, aínda que nas horas centrais do día as temperaturas foron moi levadas durante horas, a humidade relativa mantívose tamén alta, e mesmo chegou a haber ata máis de 10-14 horas de humidade foliar en boa parte das estacións meteorolóxicas consultadas. Deste xeito, as condicións climatolóxicas foron favorables ao desenvolvemento do mildio e, por iso, nalgún predio incluso dentro do período de protección teórico da anterior intervención, empezou a aparecer, illadamente iso si, algunha mancha nova de aceite e mesmo nun predio vimos un brote afectado.

Hai que ter en conta que os ciclos da enfermidade se poden desenvolver, estes días, moi rapidamente. A aparición destas manchas illadas non tería importancia por si soa pero nalgún predio xa vimos algúns acios cos síntomas do mildio larvado, e da mesma situación nos informaron algunhas persoas, técnicos e viticultores, non só da nosa provincia senón tamén dalgunhas zonas da Ribeira Sacra.

Os síntomas de mildio larvado non proceden sempre de infeccións recentes, máis ben de antigas, e e feito onde nós o observamos foi en todos os casos en cepas que tiveran algunha infección mal ontrolada no momento da flor/formación do froito. As previsións meteorolóxicas a curto prazo (ata sábado ou domingo) anuncian que continuará o tempo semellante ao destes días aínda que con temperaturas diúrnas menos elevadas. Porén, as nocturnas seguirán sendo elevadas e existen posibilidades de precipitación. Por este motivo, tendo en conta ademais que os modelos que manexamos continúan a dar risco medio-alto ou alto de mildio, o nivel de alerta debe ser máximo neste período e haberá que volver a realizar tratamentos en caso de que aparezan novos síntomas. Xa a primeiros da semana próxima o tempo parece que se estabilizará e que os ventos soprarán do norte ou do nordés, e polo tanto serán secos, o que axudará a un potencial control da enfermidade.

No caso de ter que realizar algunha intervención antimildio por ser necesaria á vista dos síntomas na parcela, os funxicidas penetrantes e os de fixación ás ceras cuticulares son produtos especialmente pensados para estes momentos, así como os funxicidas cúpricos E SEMPRE LEMBREN QUE NON SE PODE APLICAR TRATAMENTOS CON VELOCIDADES DO VENTO SUPERIORES A 11 Km/h, e dicir, que se poden mover como moito as follas das árbores pero non haber axitación constante ou movemento de ramas.

SÓ FACENDO OS TRATAMENTOS CUMPRINDO ESTA LIMITACIÓN SE PODE GARANTIR QUE O FITOSANITARIO QUEDA NA ÁREA A TRATAR E NON ACADA ZONAS QUE NON SON O OBXECTIVO, CO QUE SE PROTEXE O MEDIO AMBIENTE PERO TAMÉN A SAÚDE DA POBOACIÓN EN XERAL.

Oídio:

As condicións climatolóxicas desta semana foron tamén moi favorables ao desenvolvemento deste fungo debido as néboas/nubes, que limitaron a luminosidade e provocaron humidade alta, e ás emperaturas que, aínda que moi elevadas en xeral pola vaga de calor, non foron suficientes para deter o seu ciclo. Porén, nas nosas visitas ás viñas non atopamos máis síntomas novos que nun acio rebusco” e nalgunha planta máis testemuña.

Nas parcelas que están a ser tratadas con antioídios desde antes da floración nós non atopamos nada, nin sequera en plantas de variedades moi sensibles, pero un colaborador nos enviou unha imaxe dun acio afectado en loureira. A partir do peche do acio a sensibilidade da uva ao patóxeno xa non é tan elevada coma en estados anteriores, aínda que os danos son posibles ata que comeza o pintado da uva.

Ademais, os modelos e predición de enfermidades que manexamos indican para os próximos días risco medio-alto ou alto. Por estes motivos, hai que manter a vixilancia, en especial en predios ou variedades con istorial de danos polo fungo. En caso de que aparezan novos síntomas será preciso renovar os ratamentos para evitar non só os danos directos que poida causar o fungo senón tamén os indirectos (rachos na pel da uva que facilitan a instalación das podres).

E, como dixemos ao falar do mildio, hai que seguir coas prácticas que sirvan para reducir a densidade de follas en viñas moi vigorosas, para mellorar a penetración dos funxicidas que se poidan aplicar e para favorecer a aireación dos acios.

Black rot:

Tanto nas parcelas da nosa rede de seguimento habitual coma nas que imos revisando ao azar nos osos percorridos non atopamos máis que síntomas moi esporádicos en follas (máis nas plantas estemuña sen tratamentos), e tampouco estamos a recibir mostras/consultas con acios afectados, co que é probable que a enfermidade non estea a dar problemas esta campaña.

Tamén nos modelos de revisión da enfermidade o risco previsto é baixo ou medio-baixo. Con todo, as precipitacións favorecen ao fungo, e por iso non hai que abandonar a vixilancia.

Avelaíñas do acio:

Esta semana tivemos capturas de machos de Lobesia botrana nas trampas de parcelas de todas as omarcas e tamén en case todas elas, estando as cifras de individuos recollidos entre os 2 dunha viña o Rosal e os 17 dunha do Salnés.

Con todo, o que temos que destacar esta semana son os 35 machos de Eupoecilia ambiguella recollidos nunha trampa de Sanxenxo, na viña onde xa atoparamos algunha eiruga da primeira xeración. En calquera caso, sabemos que as capturas de dultos por si soas non indican que hai que tratar, senón que para tomar esa decisión ten que superarse un limiar mínimo de presenza de síntomas nas uvas, e esta semana non detectamos ningún (nin ovos nin perforacións ou penetracións larvarias).

Scaphoideus titanus, vector da flavescencia dourada:

Polo de agora non se atoparon adultos do cicadelido nas trampas, e parece que tampouco hai moitas ninfas segundo as mostras que recibimos en Areeiro e os resultados das nosas propias mostraxes. Con todo, lembren que estamos no período no que hai que realizar o primeiro ratamento para o seu control, e que este tratamento é obrigatorio nas zonas demarcadas e ecomendado nas zonas vitícolas lindeiras.

As aplicacións deben realizarse mollando ben o envés das follas e, no caso de que haxa chupóns nas ides, tamén deben quedar ben cubertos, aínda que o mellor é eliminar estes brotes ladróns para vitar que as ninfas se agochen nas súas follas. Non esquezan a recomendación de tomar todas as precaucións posibles para evitar a dispersión do vector nos desprazamentos entre comarcas, así como vixiar e eliminar o antes posible aquelas vides que poidan ter conxuntamente varios dos síntomas típicos da flavescencia: revirado patente das ollas cara o envés, follas de cor vermella nas variedades tintas e branco-amarelado nas brancas, follas máis quebradizas e dispostas unhas sobre outras, porte “chorón” dos pampos por falta de agostado, entrenós curtos ou secado de acios.

A eliminación destas plantas aínda que non se teña a confirmación de estar infectadas é unha medida preventiva que pode ter un impacto positivo nas cepas próximas e no conxunto das zonas vitícolas.

Acariose e erinose:

Esta semana temos que facer mención aos ácaros nun apartado separado de “Outras incidencias” debido a que súas poboacións empezan a ser moi elevadas de xeito máis ou menos localizado segundo a especie. Así, e comezando pola erinose, sabemos que este ano está a haber síntomas en todas as comarcas e en case todos os predios, pero esta semana, probablemente favorecido pola alor e a humidade, volvemos notar un forte incremento, ata tal punto que síntomas propios do envés das follas invaden, nalgunhas viñas, a cara superior.

Canto á acariose, xa observaramos algúns individuos nas follas terminais de cepas de certas parcelas, ero dúas delas, que son viñas con solos pobres e sen estrutura, esta semana puidemos observar xa cor pardo-bronceada das follas de certos pampos. Ademais, nas mostras de follas que recollemos unha parcela as poboacións do ácaro eran xa abundantes, e por este motivo haberá que tratar para limitalas e evitar que cheguen a producir danos por un deficiente funcionamento da masa foliar.

Se a ituación é coincidente e as parcelas están dentro das zonas de tratamento obrigatorio ou ecomendado contra Scaphoideus titanus a maioría dos produtos autorizados teñen efecto fronte a ácaros.

Outras incidencias:

Ademais dalgúns síntomas de carencias e de seca, esta semana observamos máis plantas cos íntomas de patoloxías de madeira, algunhas das que xa sucumbiran ante o ataque.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información