A área de Medio Rural da Deputación de Lugo achega 50.000 euros ao matadoiro de Sarria

A área de Medio Rural da Deputación de Lugo achega 50.000 euros ao matadoiro de Sarria

Efrén Castro na reunión coas alcaldías da comarca de Sarria. Foto; Arquivo.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará cun achega de 50.000 euros para a continuidade do matadoiro de Sarria como servizo público, tal como comprometera na reunión mantida con alcaldesas e alcaldes da comarca.

A área de Rural ratificou ao Concello de Sarria a disposición a poñer en marcha os trámites para formalizar un convenio de colaboración institucional que canalice a axuda, con cargo ao orzamento de 2025.

A comunicación formal, remitida esta mañá ao Concello de Sarria, responde ao escrito presentado pola administración municipal, solicitando a tramitación do convenio “coa finalidade de garantir que os servizos públicos do matadoiro se presten a través dunha xestión pública”.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro celebrou “que a iniciativa e o impulso desde a Deputación de Lugo sirva para dar continuidade e estabilidade ao matadoiro municipal de Sarria, que estaba en entredito” e incidiu na importancia “de manter o seu funcionamento público, garantindo prezos estables e ponderados para ganderías, carnizarías e veciñas e veciños de toda a comarca que utilizan este servizo”.

Efrén Castro ofrecera a colaboración da entidade provincial para o mantemento do matadoiro nunha reunión que mantivo o pasado 20 de novembro con alcaldesas e alcaldes da comarca de Sarria no Pazo de San Marcos, ligando o apoio económico ao funcionamento público do servizo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información