Árbores sentadas: recomendacións para evitar riscos de accidente durante a súa corta

Descarga aquí a guía completa do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) sobre recomendacións preventivas de actuación ante árbores sentadas

Árbores sentadas: recomendacións para evitar riscos de accidente durante a súa corta

Denomínase árbore sentada a aquela árbore que unha vez que o motoserrista realizou os cortes para a súa corta polo pé non cae ao chan, queda en pé sen iniciar a súa caída, o que constitúe un importante risco para a súa corta.

Neste sentido, a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), ten a disposición do sector unha guía cunhas recomendacións clave para poder acometer a súa corta reducindo os riscos de accidente.

Recomendacións xerais:

-Planifica os traballos: identifica as árbores que pola súa morfoloxía (p.e. curvatura, grosor, ramosidade etc.) ou localización (árbores de bordo, pendente do terreo, en afección de tendidos eléctricos, vías, edificacións etc.) presentan maior dificultade para a súa corta, prestando especial atención a aquelas árbores que poidan necesitar unha axuda complementaria (p.e. enganche con cabrestante de máquina ou manual etc.)

ISSGA CORTA ARVORES SENTADAS 1

-Previamente á corta ten en conta as condicións atmosféricas existentes (p.e. vento, choiva etc.) e realiza unha avaliación específica de cada árbore (p.e. copa da árbore con pólas danadas ou penduradas, dirección máis segura para a súa corta, vías de escape despexadas e limpas de obstáculos etc.)

-Realiza os cortes para a corta correctamente e respecta a forma e dimensión establecida para a bisagra:

ISSGA CORTA ARVORES SENTADAS 2

-Lembra dispoñer ao pé da árbore todas as ferramentas auxiliares de axuda para a súa corta (p.e. cuñas e maza de golpeo). Podes levalas nun cinto portaferramentas, nunha mochila etc.

ISSGA CORTA ARVORES SENTADAS 3

-Asegúrate de que podes comunicarte directamente co resto de compañeiros do equipo de traballo (p.e. teléfono, emisora, código de sinais, sistema integrado en casco etc.), comprobando previamente aos traballos de corta que os dispositivos funcionan correctamente, teñen cobertura e dispoñen de batería cargada.

 Lembra que unha árbore sentada é un risco. Planificar os traballos e seguir un procedemento de traballo axeitado axuda a previr que as árbores queden sentadas

Recomendacións específicas:

-Realiza a secuencia correcta de cortes para a corta polo pé en función das características da árbore que se vai cortar. No caso de que sexa necesario, utiliza a(s) cuña(s) para asegurar que a espada da motoserra non se quede atrapada e para dirixir a caída da árbore cara á zona planificada.

ISSGA CORTA ARVORES SENTADAS 4Se a árbore non inicia a súa caída, toma a decisión máis axeitada á situación que se che presente:

-Se observas que podes cambiar a dirección da corta e estás seguro de que cortarás a árbore sen problemas cara a esa nova dirección, e dispós de novas vías de escape, realiza un novo corte a uns 10 cm como mínimo por enriba do primeiro na dirección escollida.

-Se observas que non podes cambiar a dirección da corta e que a árbore está asegurada, é dicir, que ten os cortes ben realizados respectando a bisagra obrigatoria e cunha/s cuña/s introducidas no corte de caída, podes saír da zona de influencia da árbore pola(s) vía(s) de escape sen perder de vista a árbore, pide axuda e informa ao resto de compañeiros do monte, e sinaliza a zona de influencia da árbore que está sentada cando sexa necesario. A entrada e saída a base da árbore, tanto para ti motoserrista como para os medios de axuda (p.e. maquinaria, peón etc.) realizarase polas vías de escape establecidas.

Ten en conta que se a árbore non está asegurada, permanecer na base á espera de que a árbore inicie a súa caída, avisando o resto de compañeiros de tal situación de risco, é a situación máis segura para ti. Unha vez que inicia a súa caída, abandona a base da árbore sen perdela de vista e colócate nunha zona segura para non ser alcanzado

Lembra:

1_ Informa o resto de compañeiros en monte da existencia da árbore sentada. Indica aos medios de axuda (p.e. maquinista,peón etc.) a dirección das vías de escape que aseguraches para a entrada e saída da árbore.

2_Nunca abandones o monte deixando unha árbore sentada sen sinalizar. Aplica todas as medidas necesarias ou solicita axuda para abatelo.

3_É importante que dispoñas dunha formación e información axeitada e suficiente do teu posto de traballo.

Descarga aquí a guía completa do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) sobre recomendacións preventivas de actuación ante árbores sentadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información