Aproban o novo sistema de autorizacións para o viñedo, adaptado ás novidades da PAC

A nova regulación modifica o criterio de prioridade de pequenas e medianas explotacións e só se terá en conta a superficie de viñedo en lugar da superficie agraria total

Publicidade
Aproban o novo sistema de autorizacións para o viñedo, adaptado ás novidades da PAC

Novas plantacións de viñedo na DO de Valdeorras. // Foto de arquivo.

O último Consello de Ministros aprobou un real decreto que modifica a normativa nacional sobre o potencial de produción vitícola, para adaptala ás novidades introducidas no sistema de autorizacións de viñedo pola nova Política Agraria Común (PAC).

Esta adaptación busca manter o crecemento ordenado do potencial vitícola de España. Recollemos a continuación algúns dos principais cambios que introduce a nova normativa:

Cambios no procedemento de repartición de autorizacións de novas plantacións, entre outras cuestións, co axuste do criterio de prioridade relativo ás pequenas e medianas explotacións.

Terase en conta só a superficie de viñedo da explotación, en lugar da superficie agraria total da explotación.

• Priorizanse as solicitudes de medianas explotacións vitícolas, co obxecto de favorecer aos proxectos con maior viabilidade e perdurabilidade no tempo, que garantan unha mellor saída da súa produción no mercado.

• Engádese como excepción da aplicación do sistema de autorizacións de viñedo o establecemento de coleccións de variedades de vide para a conservación de recursos xenéticos. A comercialización da produción destas coleccións queda expresamente prohibida.

• Permitirase a transferencia de autorizacións no caso da disolución dunha explotación de titularidade compartida.

• Queda prohibida a comercialización da produción dunha plantación de viñedo sen autorización ata o momento do seu arranque.

Ademais, froito do proceso de actualización e mellora normativa introducíronse novas disposicións e actualízase a lista de variedades de uva de vinificación autorizadas.

Aplicación dos cambios

Con este novo texto lexislativo finaliza a modificación do sistema de autorizacións de viñedo derivada da reforma da PAC, que estende ata o ano 2045 o sistema de control do potencial produtivo.

Este real decreto entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación, pero as modificacións no criterio de prioridade de pequena e mediana explotación vitícola, aplicaranse de forma retroactiva ás solicitudes de autorizacións de novas plantacións que se presenten entre o 15 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2023.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información