Aprobado o Plan Nacional de Control Oficial da Cadea Alimentaria

Aprobado o Plan Nacional de Control Oficial da Cadea Alimentaria

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, presidiu este luns a reunión da conferencia sectorial conxunta de Agricultura e Desenvolvemento Rural e de Pesca, na que se aprobou por consenso xeral de ministerio e Comunidades Autónomas o Plan Nacional de Control Oficial da Cadea Alimentaria (PNCOCA). Esta planificación é obrigatoria en todos os Estados Membros da Unión Europea, conforme á normativa comunitaria.

Luís Planas asegurou que este plan é “de gran importancia para o sector agroalimentario, porque é un plan de plans”, segundo o ministro, xa que aglutina nun documento único os controis oficiais que levan a cabo as distintas autoridades competentes para asegurar o cumprimento da lexislación ao longo de toda a cadea agroalimentaria, desde a produción primaria até os puntos de venda ao consumidor final.

O plan de control da cadea alimentaria terá unha vixencia de 5 anos (2021-2025) e na súa parte xeral descríbense os principios orientadores nos que se baseou a súa redacción e a organización territorial e distribución de competencias entre as distintas administracións, así como catro obxectivos de alto nivel.

Tres deles, os que corresponden ao ámbito do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, foron aprobados pola Sectorial. Trátase do Obxectivo 1 (reducir riscos para a saúde humana, animal e vexetal mediante controis na produción primaria), o Obxectivo 3 (garantir a calidade alimentaria e loitar contra a fraude alimentaria) e o Obxectivo 4 (reducir riscos para a saúde humana, animal e vexetal mediante o control de importacións e exportacións). Este tres obxectivos comprenden 21 programas nacionais de control oficial.

O Obxectivo 2 do plan (reducir riscos para a saúde humana mediante controis en establecementos alimentarios) inclúe os programas de traballo competencia do Ministerio de Consumo a través da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan).

O Plan Nacional de Control Oficial da Cadea Alimentaria aglutina todos os controis oficiais das autoridades alimentarias españolas nun só documento, tal e como prescribe o Regulamento (UE) 2017/625, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo aos controis e outras actividades oficiais. Esta norma establece que cada Estado membro debe elaborar un único plan nacional de control plurianual integrado para garantir a aplicación da lexislación sobre alimentos e pensos, saúde, benestar animal, sanidade vexetal e produtos fitosanitarios.

En España, a redacción do plan depende dun grupo de coordinación no que, ademais dos ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e o de Consumo, están representados o Ministerio de Sanidade e o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Tamén hai grupos de coordinación entre os ministerios e as comunidades autónomas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información