Administración convocante: Ministerio de Agricultura
Enlace axuda: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2017-7984
Prazo: Ata 15/09/2017
Resumo:
O Consello de Ministros aprobou este venres as bases reguladoras para as subvencións de renovación do parque de maquinaria agrícola. As axudas incluirán tractores, máquinas automotrices, sementadoras directas, abonadoras, equipos de aplicación de fitosanitarios e dispositivos de infiltración de puríns, entre outros. O Plan Renove estará dotado este ano cun presuposto de 5 millóns de euros.
A convocatoria das axudas espérase para os próximos días e permanecerá aberta ata o 15 de setembro. O Plan é máis amplo que o do 2015, que se orientou a tractores, e diríxese a fomentar o cambio de maquinaria automotriz e equipos arrastrados ou suspendidos. Un dos obxectivos das axudas consiste en sustituir os vellos equipos por outros novos que permitan técnicas agrícolas máis respetuosas co medio, como equipos de sementeira directa, equipos de infiltración de puríns ou pulverizadores adaptados ós novos requisitos en materia fitosanitaria.