Expertos reunidos en Monforte nun foro organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo sinalan que as novas ferramentas dixitais permitirán aforrar custos fitosanitarios ao detectar as pragas en tempo real, manexar os stocks das adegas axeitándoos aos mercados ou paliar unha falta de man de obra que xa é estrutural. Son só algunhas das case infinitas posibilidades que a Intelixencia Artificial pode aportar o sector vitivinícola. Unhas tecnoloxías que, segundo os ponentes, están cada vez máis desenvolvidas e chegaron para quedarse.
Rubén Íñiguez, enólogo e investigador da Universidad de La Rioja incidiu especialmente nos beneficios económicos que conleva a aplicación da IA. E è que a anàlise de datos de todos os paràmetros relativos à viña permite facer unha estimación do que se vai producir e planificar así os movementos económicos nos meses posteriores à vendima.
Íñiguez explicou que o 40% das perdas nas colleitas de uva se producen por causa das pragas de fungos e insectos. E que, para combatelas, hai que realizar un importante investimento nuns fitosanitarios que cada vez estàn máis restrinxidos polas normativas da UE. “A toma constante de mostras mediante sensores e a súa interpretación a través da IA posibilitan a detección precoz das pragas, de xeito que se atallan a tempo e cun menor custo”, explicou o enólogo, que tamén falou de que xa se fan diagnósticos e proxeccións individualizados por cada cepa.
Os sensores poden estar na viña, no subsolo e no aire (drons). Íñiguez explicou que o seu grupo de traballo analiza paràmetros como a cor das follas, o peso da madeira de poda, o número de flores ou a compacidade dos acios. Todo co obxectivo de atallar pragas e enfermidades e, sobre todo, para ter unha axeitada planificación económica do viñedo.
Miguel Tubío, director tècnico da adega Martín Codax que abrangue 2.500 parcelas, explicou que xa traballan con diferentes app que lles permiten un uso eficaz e conforme à normativa dos tratamentos fitosanitarios. Dada a dispersión e pequeno tamaño dos viñedos, contrataron os servizos dun satèlite para ter imaxes de todas elas e unha visión conxunta e comparativa.
Tubío puxo o foco en dous problemas que, polo de agora, presenta a IA dispoñible. “A recollida de imaxes non è de todo fiable no caso da uva branca, porque se confunde coas follas. Ademais, o pequeno tamaño das parcelas en Galicia leva a que a aplicación das tècnicas da IA sexa bastante cara; ou dificultosa en zonas en pendente como a Ribeira Sacra”, dixo
Pola contra, o representante de Martín Codax sinalou que a IA aplicada nas cubas e màquinas das adegas està permitindo xestionar axeitadamente os stocks e o embotellado. E que a recollida de datos e o seu procesamento levou a identificar parcelas moi semellantes de xeito que se agrupan por afinidade para facer cada un dos viños que comercializan.
De cara ao futuro, Tubío considera que os avances tecnolóxicos e a escaseza de man de obra levarán a unha robotización exponencial do traballo a pè de viña.
O director tècnico da Denominación de Orixe Calificada Rioja, Pablo Franco Sarria, deu conta dos avances en implementación de IA que levan naquela zona. Un dos màis importantes è o proxecto Datadoc, unha rede de estacións de medición e vixilancia climàtica que facilitan a toma de decisións. Unhas estacións que se calibran cada seis meses para que sexan totalmente efectivas.
Franco Sarria explicou que nos vindeiros meses van poñer app a disposición dos viticultores rioxanos. “Actualmente utilizamos 7 modelos diferentes de predición, en función das características de cada zona. A recollida de datos è constante pero hai nove momentos no ano en que os datos son os máis relevantes para nós.”
Outra das posibilidades da IA que estàn a aproveitar atopàmola nas catas. Mediante unha anàlise químico-sensorial nun espazo de 60 segundos, poden ter os datos màis semellantes a unha cata humana, pero coa posibilidade de probar milleiros de viños ao longo do ano. E é que, como dixo Franco Sarria “o obxectivo è dixitalizar toda a produción de viño da Rioxa”.
Na mesa redonda posterior às intervencións, os ponentes suliñaron que, se ben polo de agora as ferramentas da IA son costosas e estàn concebidas para grandes extensións e empresas, acabaràn abaratàndose e chegando a cada proxecto vitivinícola por moi pequeno que sexa.
Tamén sinalaron a importancia de que as medicións sexan moi rigorosas e que as ferramentas de obtención de datos estean en perfecto estado. De non ser así, os datos que se interpreten seràn erróneos e os resultados desastrosos.
Ademais, recomendaron os asistentes non contratar e aplicar ferramentas de IA porque estean de moda ou nolas ofrezan. O primeiro è fixarse un obxectivo e despois buscar a ferramenta axeitada a cada caso.
A posibilidade de empregar a IA para buscar novos mercados ou asentarse nos màis fiables como solución à crise de consumo de tintos na Ribeira Sacra foi outro dos temas postos sobre a mesa.