Apoios públicos para a construción en madeira

Publicidade
Apoios públicos para a construción en madeira

A Axencia Galega da Industria Forestal XERA vén de resolver as axudas convocadas no 2024 para fomentar a construción en madeira. En total, XERA consignou para estes apoios 5 millóns de euros. Na resolución que se publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia, concédense axudas para preto de 250 proxectos.

Os apoios concéntranse en torno a dúas liñas principais: a rehabilitación e construción de vivendas familiares por un lado, e por outro as edificacións para uso hoteleiro (albergues, cabanas de madeira, complexos rurais, etc.).

En menor medida, consignáronse apoios para naves industrias ou agrícolas, cubertas de instalacións deportivas e elementos patrimoniais.

Aposta pola construción pública en madeira

Acto da Semana Forestal na Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra (UVigo).

Acto da Semana Forestal na Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra (UVigo).

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, participou esta mañá na inauguración da Semana Forestal 2025 celebrada na Escola de Enxeñaría Forestal, en Pontevedra, onde puxo en valor a aposta da Xunta polo impulso da madeira como elemento construtivo nas edificacións públicas e a necesidade de formar nesta materia aos profesionais das administracións.

Fernández Ríos, subliñou a importancia de que as futuras enxeñeiras e enxeñeiros forestais conten tanto cunha formación técnica sólida como cun bo coñecemento do entorno no que desenvolverán a súa profesión, toda vez que se trata dunha profesión chea de oportunidades laborais que permite acceder a numerosos e variados postos de traballo e na que, na actualidade, a demanda destes perfís polo mercado laboral é superior ao número de persoas egresadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información