Apoios para a rexeneración con frondosas caducifolias de 540 hectáreas

Apoios para a rexeneración con frondosas caducifolias de 540 hectáreas

Imaxe de arquivo.

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución das axudas para fomentar a rexeneración e mellora de frondosas autóctonas en 540 hectáreas da comunidade. As axudas están estruturadas en dúas liñas.

A primeira liña, cun orzamento de 1,48 millóns de euros, destínase á rexeneración ou mellora de masas consolidadas de frondosas autóctonas. Abarcará actuacións silvícolas en 522,40 hectáreas, beneficiando 72 proxectos, dos cales o 90% corresponden a Comunidades de Montes, o 6% a agrupacións e o 4% a particulares. As provincias máis favorecidas son Pontevedra (29 solicitudes) e Ourense (27), seguidas de Lugo (14) e A Coruña (2).

A segunda liña, centrada na xestión forestal sostible para usos silvopastorais, conta cunha partida de 56.730 euros e financiará a xestión forestal sostible en 17,97 hectáreas situadas no concello da Veiga (Ourense), coas Comunidades de Montes como beneficiarias exclusivas.

O prazo máximo para presentar a xustificación das actuacións subvencionables finaliza o 30 de xuño de 2025, incluíndo só os custos efectuados tras a inspección previa.

Plan Forestal de Galicia 2021-2040

Estas achegas están aliñadas coa Estratexia para o fomento da xestión activa das frondosas (2024-2040), dentro do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”. Este busca revitalizar e xestionar as masas de frondosas autóctonas, promovendo a súa conservación e aproveitamento para unha Galicia máis resiliente ao cambio climático.

As achegas tamén se vinculan ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) de España, na compoñente 4 (C4), enfocada na conservación e restauración de ecosistemas e biodiversidade, garantindo un uso sostible dos recursos naturais e os servizos ecosistémicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información