O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución da Consellería do Medio Rural que regula as axudas para o control do rendemento leiteiro en Galicia. A Xunta destina un millón de euros a esta convocatoria de 2025.
Estas achegas benefician ás tres entidades oficialmente recoñecidas para este control do rendemento leiteiro: Africores da Coruña, Lugo e Pontevedra. O reparto das axudas establece que Africor Lugo recibirá 472.500 euros, á da Coruña 439.600 euros e a de Pontevedra 87.900 euros.
Este programa busca compensar os gastos xerados a estas entidades polos beneficios que o sector recibe grazas á implantación deste sistema. As actividades subvencionadas inclúen a avaliación das capacidades reprodutivas e produtivas das vacas leiteiras dentro de programas de cría oficialmente aprobados.
Razas autóctonas
O Diario Oficial de Galicia publicou tamén a resolución pola que se conceden as axudas para o fomento das razas autóctonas galegas. En total, o Goberno autonómico repartiu 220.000 euros entre dez asociacións de criadores. As beneficiarias destas achegas son as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas oficialmente pola Comunidade Autónoma para a xestión do libro xenealóxico no marco do Programa de cría da raza correspondente.
Galego









Control OJD