Apoios para actividades formativas no sector forestal

A Xunta de Galicia financia 58 actividades formativas que abranguen temáticas como a construción con madeira, o uso de novas tecnoloxías dixitais, a certificación dixital, a certificación forestal ou os créditos de carbono

Apoios para actividades formativas no sector forestal

Coa finalidade de impulsar o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia, a Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) as axudas para a organización de actividades formativas non regradas. As subvencións son concedidas pola Axencia Galega das Industrias Forestais (Xera) e chegan ás 58, entre clases maxistrais, talleres, cursos, xornadas ou pílulas formativas. Deste xeito, mellórase a formación do capital humano do sector forestal.

A convocatoria conta cun orzamento total de 800.000 euros, 400.000 euros no presente ano 2024 e o restante no próximo exercicio económico. As entidades beneficiarias poden solicitar ata un máximo de 60.000 euros en axudas (ou de 100.000 euros por persoa beneficiaria no caso de ter presentadas varias solicitudes), que cobren o 100 % dos gastos elixibles.

As entidades

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información