Apoios de Medio Rural para 22 agrupacións forestais de xestión conxunta

Publicidade
Apoios de Medio Rural para 22 agrupacións forestais de xestión conxunta

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución das axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Resultaron beneficiarias destas achegas un total de 22 agrupacións, por un importe conxunto de 613.022 euros.

Estas subvencións, correspondentes á convocatoria de 2025, subdivídense en dúas liñas. A primeira, centrada na creación de novas agrupacións forestais de xestión conxunta, con ou sen base territorial. Van dirixidas a asociacións sen ánimo de lucro constituídas para o asesoramento de persoas propietarias ou titulares dos dereitos de aproveitamento de terreos ou as entidades que teñan por obxecto a recuperación de terras forestadas de xeito conxunto; así como sociedades e cooperativas. Neste sentido, son subvencionables as actuacións relacionadas coa identificación da iniciativa e os gastos de tramitación e inscrición, entre outros.

A segunda destas liñas está destinada de xeito específico para apoiar ás agrupacións xa existentes e que estean inscritas no rexistro oficial de agrupacións forestais de xestión conxunta. A través destas axudas poden subvencionarse cuestións como a revisión do parcelario e o estado das parcelas, a investigación da titularidade das parcelas que supoñan unha ampliación das agrupacións ou a incorporación de servizos ecosistémicos.

Pode consultarse o listado das 22 entidades beneficiarias no DOG.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información