Apoio para o matadoiro municipal de Sarria por parte da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación aproba o convenio de 50.000 euros para colaborar no financiamento do matadoiro municipal de Sarria. O deputado Efrén Castro asegura que “agardamos que outras administracións que anunciaron publicamente investimentos nesta instalación cumpran tamén de forma dilixente”

Efrén Castro en la reunión con las alcaldías de la comarca de Sarria. Foto; Archivo.

Efrén Castro na reunión cos alcaldes da comarca de Sarria. Foto; Archivo.

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o convenio entre a área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Sarria para cooperar no financiamento dos gastos de funcionamento do matadoiro municipal cun importe de 50.000 euros.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro sinalou que “cumprimos co compromiso adquirido co propio Concello de Sarria e co resto dos municipios da comarca para colaborar no financiamento do matadoiro, e manter á xestión pública dun servizo fundamental para a veciñanza e para o sector da carne na comarca”

O responsabel provincial explicou que “completamos o procedemento coa máxima dilixencia posible para que o Concello poida realizar as xestións relativas as taxas. Agardamos que outras administracións que anunciaron publicamente investimentos nesta instalación cumpran tamén de forma dilixente co comprometido”.

Efrén Castro ofrecera a colaboración da entidade provincial para o mantemento do matadoiro nunha reunión que mantivo o pasado mes de novembro con alcaldesas e alcaldes da comarca de Sarria no Pazo de San Marcos, ligando o apoio económico ao funcionamento público do servizo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información