Apoio á inclusión da sementeira directa nos ecoesquemas da PAC

Publicidade
Apoio á inclusión da sementeira directa nos ecoesquemas da PAC

Millo sementado sobre restos da colleita anterior.

A Asociación de Agricultura de Conservación emitiu unha nota de prensa para apoiar a proposta do Ministerio de Agricultura de incluír a sementeira directa entre os ecoesquemas da PAC, a partir do 2023. Desde a Asociación lembran que esta práctica de sementar sen laboreo ten numerosos beneficios ambientais: aumenta o secuestro de carbono atmosférico no solo, o que contribúe a mitigar o cambio climático; redúcese a erosión e mellora a biodiversidade.

Os ecoesquemas da PAC, que se implantarán no próximo ciclo da Política Agraria Común, a partir do 2023, representarán un 20% dos pagos directos percibidos polos agricultores. É unha liña de apoios orientada a promover prácticas beneficiosas para o medioambiente, en especial no relacionado co cambio climático e a conservación da biodiversidade.

Unha das prácticas que o Ministerio prevé apoiar é a sementeira directa, avalada por multitude de investigacións técnicas, segundo destaca a Asociación de Agricultura de Conservación, que incide en que as perdas de solo por erosión nas explotacións de secano que practican laboreo poden chegar a 30 toneladas por hectárea e ano. “A sementeira directa pode contribuír a restaurar a fertilidade natural dos solos, aumentando o contido de materia orgánica”, conclúe a entidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información