Apoio á Fundación Dieta Atlántica para poñer en valor os alimentos de proximidade

A conselleira do Medio Rural reuniuse coa presidenta da Fundación Dieta Atlántica para explorar vías de colaboración

Apoio á Fundación Dieta Atlántica para poñer en valor os alimentos de proximidade

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, xunto á presidenta da Fundación Dieta Atlántica, Rosaura Leis, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte.

Nunha xuntanza en San Caetano entre a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e a presidenta da Fundación Dieta Atlántica, Rosaura Leis, a conselleira destacou que a Xunta intensificará o seu apoio aos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada e de proximidade.

Neste encontro, no que tamén participou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, analizáronse posibles liñas de colaboración entre a Consellería e a Fundación en ámbitos como a promoción da calidade alimentaria, a formación e a investigación, especialmente no que respecta á difusión da Dieta Atlántica.

Ambas partes coincidiron en destacar a importancia da Dieta Atlántica para un consumo saudable e variado, baseado en produtos de proximidade e de km 0. A Xunta xa está a traballar nesa liña coa incorporación destes produtos nos comedores escolares a través do programa Come Local.

Neste contexto, a conselleira destacou o Plan Saborea Calidade Diferenciada de Galicia, que conta cun orzamento de máis de 8 millóns de euros para accións directas da Consellería e achegas aos consellos reguladores para promoción e control da calidade. O plan tamén contempla a participación en feiras sectoriais a nivel nacional e internacional.

María José Gómez puxo en valor os diferentes selos de calidade que amparan os produtos agroalimentarios galegos, como as denominacións de orixe, as indicacións xeográficas protexidas e a marca Artesanía Alimentaria.

Segundo destacou, estas certificacións garanten a proximidade e a identidade atlántica dos produtos, polo que a cooperación coa Fundación Dieta Atlántica pode aportar un valor engadido ás políticas da Xunta neste eido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información