Apoio dos tratantes de gando ás demandas do sector lácteo

Apoio dos tratantes de gando ás demandas do sector lácteo

Reunión entre a Plataforma e os tratantes de gando.

A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo formalizou en Silleda o apoio do colectivo de tratantes de gando, cos que mantivo unha reunión aproveitando a celebración da sesión semanal da Lonxa Agropecuaria de Silleda. Os tratantes están de acordo na reclamación duns prezos xustos para os produtos do agro, tanto para o leite como para o sector cárnico.

Para mañá está prevista unha nova mobilización da Plataforma en Lalín. Chegarán tractores das distintas parroquias da localidade e dos concellos veciños a partir das 11 da mañá. Os gandeiros participarán despois nunha marcha a pé polas rúas de Lalín, para a que se agarda a implicación dos comerciantes e veciños. O propio goberno local de Lalín demandou hoxe a implicación da localidade na protesta gandeira.

Desde a Plataforma insisten na petición de medidas das Administracións ó problema dos baixos prezos. “Se non se poñen sobre a mesa solucións reais, teremos que tomar medidas doutro calado”, advirten.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información