A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Aplicación do novo método de xestión estratéxica nas incorporacións e plans de mellora

Aplicación do novo método de xestión estratéxica   nas incorporacións e plans de mellora

Vacas nunha gandería de Arzúa

Nestes días estanse a tramitar as axudas de incorporación e plans de mellora. Este é un momento crucial para moitas ganderías xa que supón, na maioría dos casos, un punto de inflexión na estrutura e sistema de explotación xa que se deciden os investimentos máis importantes (instalacións, maquinaria, …). En moitos casos estas decisións se toman en poucos días, coa presión das axudas e con pouca perspectiva.

Na actualidade o sector gandeiro, non só o de leite, está inmerso nun contexto de incerteza e volatilidade que esixe ser cautos e estudar detidamente cada investimento. As decisións estratéxicas deben de tomarse de forma pausada, sopesando os pros e contras de cada elección.

“É necesaria unha análise con perspectiva, tendo en conta o pasado, presente e futuro das persoas que forman a gandería”

Cando un gandeiro está a facer unha nova cuadra, non só está construíndo un edificio para as vacas (e pensando no seu confort), senón que tamén está definíndose nunha estratexia de produción, baseada no alimento conservado, con posibilidades ou non de implementar un robot de muxido,… Isto require dun análise con perspectiva, tendo en conta o pasado, presente e futuro das persoas que forman a gandería.

E é que cando pensamos en ganderías pensamos unicamente nos animais, na terra, na maquinaria, nos alimentos, en resumo, no sistema de produción e en como melloralo técnica e economicamente. Esquecemos, na maioría dos casos, ás persoas que conforman a gandería e que dependen dela. Propietarias, parellas, traballadoras, todas elas relacionadas á gandería e que inflúen na súa viabilidade no tempo.

Por outra banda, as ganderías dispoñen a día de hoxe dunha ampla oferta de profesionais que os asesoran: nutrólogos, comerciais de casas de pensos, de xenética, de fertilizantes e casas de sementes, técnicos en xestión económica e de aconsellamento, veterinarios, e todo un largo etcétera de persoas que achegan coñecementos e tamén intereses. Estas relacións tamén deben ser tidas en conta á hora de valorar a estratexia dunha gandería.

O método PerfEA permite ordenar todos estes factores e as súas interaccións. Este análise faise dende a distancia, permitindo aos gandeiros escoller a súa estratexia de explotación a medio prazo. Ao final obtense un cadro resumo que permite ter toda a estratexia da explotación nunha folla ou poster (cadro1 e cadro2).

Cadro2

Cadro1Este método está amplamente estendido en Francia e mesmo no Reino Unido e permite analizar as estratexias das ganderías de forma individual ou en grupo. En Galicia compre introducir a xestión estratéxica para encadrar os diferentes asesoramentos técnicos (agrícola, gandeiro, alimentación, veterinario, económico,…) que reciben as ganderías para que todos sigan cara unha mesma dirección, a que fixe o gandeiro/a.

En Beealia, asistimos este inverno ao curso impartido na USC por Philippe Jeanneaux, profesor de economía rural de VetAgro Sup, co-creador do método PerfEA. Agora estamos a implementar esta metodoloxía nos plans de empresa requiridos para a incorporación de agricultores mozos.

Esta semana, a menos de dez días de rematar o prazo de solicitude destas axudas, sae publicada a norma complementaria. Esta norma é o manual para tramitar estas axudas e é imprescindible para unha correcta planificación das mesmas. Nela inclúense os investimentos finalmente subvencionables e os importes máximos de axuda. O atraso na publicación non facilita a planificación dos gandeiros e supón un atranco burocrático máis.

O contacto de Beealia é o 619032791 ou a páxina do facebook www.facebook.com/beealia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *