Anúnciase unha nova liña de axudas para a mellora de servizos en aldeas modelo ou en zonas de polígonos agroforestais

O Consello do Goberno galego avaliou un informe polo cal proximamente se aprobará unha nova liña de subvencións para a financiación de actuacións como a mellora das redes de iluminación pública, a pavimentación de vías municipais ou a dixitalización de núcleos rurais. Estas medidas encáixanse no marco da Lei de recuperación da terra

Anúnciase unha nova liña de axudas para a mellora de servizos en aldeas modelo ou en zonas de polígonos agroforestais

Aldea modelo de Osmo (Cenlle, Ourense). / Arquivo.

A Xunta lanzará unha liña de axudas coa que sinala que apoiará ós Concellos galegos que están poñendo en marcha instrumentos de mobilización e recuperación de terra agraria. A súa finalidade é proporcionar á poboación rural desas áreas territoriais servizos e dotacións básicas que cubran as súas principais necesidades. Desta maneira procurase xerar un terreo propicio para a implantación de actividade que poida xerar emprego e fixar a poboación.

Proximamente serán publicadas e consistirán en subvencións directas de capital. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Entre os beneficiarios estarán aqueles Concellos en que se teña declarado no seu territorio unha aldea modelo ou iniciado un procedemento de aprobación para o desenvolvemento dun polígono agroforestal.

Entre as actuacións que serán obxecto de apoio figuran a instalación, ampliación ou mellora das redes de iluminación pública; a construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de espazos públicos e a pavimentación de vías públicas municipais. Tamén se recolle a rehabilitación de elementos patrimoniais como fontes, muíños ou hórreos; implantación ou mellora de servizos asistenciais para a infancia ou os maiores; dotación ou mellora de servizos culturais ou a dixitalización de núcleos rurais, entre outras.

A Xunta destinará un total de 1.093.333€ para implantar estes orzamentos a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información