A Xunta vai abrir unha consulta pública sobre o anteproxecto de decreto que regulará a declaración de zonas vulnerables a nitratos en Galicia. Desde a Xunta lembran que a normativa europea obriga ós Estados a declarar esas zonas vulnerables naquelas áreas nas que as augas rebasen os límites de contaminación de nitratos e se constate que esa contaminación procede de fontes de orixe agraria.
Esa é a cuestión de fondo que queda por aclarar, pois no mapa de zonas vulnerables deseñado en principio pola Xunta inclúense áreas como Cambados ou o entorno do encoro de Cecebre, nos que o sector agrario dubida de que haxa focos de contaminación de orixe agraria. Tamén hai dúbidas sobre outras áreas como Zas ou Trazo, que si teñen certa carga gandeira, pero valórase que inferior a outras zonas gandeiras.
A Xunta agarda a que sexa o Ministerio de Transición Ecolóxica o que aporte datos que permitan definir os focos de contaminación que teñan orixe agrario. Un dos puntos sobre os que non hai dúbidas é a Limia, onde está prevista a principal zona vulnerable a nitratos da comunidade. Precisamente estos días o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de condear á Xunta e á Confederación Hidrográfica Miño – Sil pola contaminación por nitratos que se rexistra na Limia.
O auto xudicial considera probado que ambas Administracións vulneraron os dereitos fundamentais dos veciños do encoro das Conchas, afectado por serios episodios de contaminación.
Plan de xestión
No anteproxecto anunciado no Consello da Xunta, a conselleira do Medio Rural resalta que o decreto contempla “a elaboración dun Plan autonómico de xestión integral dos excedentes das dexeccións gandeiras”, unha rede autonómica de instalacións para a eliminación e transformación dos xurros e a elaboración de “códigos de boas prácticas” para reducir a contaminación.
Rede autonómica de plantas de tratamento
No que atinxe á rede de instalacións de eliminación e valorización das dexeccións gandeiras, no decreto establécese que a Consellería de Economía e Industria poderá promover esta actividade a través destas plantas.
A localización das plantas atenderá a factores como o mellor servizo ás explotacións das zonas vulnerables, a ausencia de iniciativas privadas de tratamento nesas áreas, a proximidade ao lugar de xeración dos residuos, os custos do transporte, o chan dispoñible e as distancias a depuradoras e gasodutos.
Que restriccións existen ó abonado en Zonas Vulnerables a Nitratos?
Galego










Control OJD