O ministerio anuncia que se podería conceder un anticipo das axudas da PAC para outubro

García Tejerina asegura que as explotacións do sector lácteo recibirán este ano, de media, 1.400 euros máis en axudas da PAC

O ministerio anuncia que se podería conceder un anticipo das axudas da PAC para outubro

Isabel García Tejerina

A ministra de Agricultura, Alimentación e Medio, Isabel García Tejerina, asegurou que “queremos que os pagamentos da PACcheguen o antes posible a todos os agricultores e gandeiros pero, de xeito especial, aos gandeiros do sector lácteo”. A ministra subliñou que as explotacións do sector lácteo recibirán este ano, de media, 1.400 euros máis.

Isabel García Tejerina facía estas declaracións tras reunirse en León coa nova conselleira de Agricultura e Gandaría da Xunta de Castela e León, Milagros Marcos, coa que analizou a posibilidade de anticipar o máximo posible os pagamentos da Política Agrícola Común desta campaña. Neste sentido, García Tejerina indicou que se podería conceder un anticipo en torno ao 16 de outubro.

Ademais, a ministra referiuse á Orde Ministerial, que entra en vigor hoxe para que os gandeiros poidan pedir créditos, cuxo aval está financiado polo Ministerio de Agricultura. “En definitiva, con estas axudas alíviase a presión dos custos de financiamento das empresas gandeiras”, asegurou.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información