A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“As análises de solo e o asesoramento técnico van ser imprescindibles para o plan de abonado”

Falamos con Manuel Crespo, do grupo Soaga, sobre as novas obrigas que enfronta o agro en canto a uso sostible de fertilizantes e fitosanitarios. O técnico lembra que o caderno dixital é voluntario, pero si é obrigatorio rexistrar todas as aplicacións nos cultivos

“As análises de solo e o asesoramento técnico van ser imprescindibles para o plan de abonado”

Tractor equipado con abonadora.

Este martes entra en vigor a obriga de contar cun plan de abonado nas ganderías de máis de 10 hectáreas, unha normativa da que con frecuencia se despistan os produtores. 

Para arroxar luz sobre as novas normativas sobre os solos, a súa xestión e o que se pode aplicar neles para quen ten que xestionalos no día a día, falamos con Manuel Crespo, director de especialidades do Grupo Sociedade Agrícola Galega (SOAGA).

E é que a Unión Europea (UE) establece unha serie de criterios de obrigado cumprimento dos cales o sector gandeiro moitas veces non é consciente. Por exemplo, o obxectivo de reducir a perda de nutrientes, rebaixar no 20% o emprego de fertilizantes ou diminuír os produtos fitosanitarios e os riscos que conlevan nun 50%. Ou que se baixen as emisións de Gases de Efecto Invernadoro (GEI) en todas as explotacións agrícolas e gandeiras.

Crespo recoñece que as modificacións lexislativas non están suficientemente comunicadas e que o sector gandeiro pode incurrir en incumprimentos das mesmas precisamente polo descoñecemento, “Hai moitas variables que poden non estar ben definidas ou non foron ben trasladadas”.

– O de “plan de abonado” é un concepto que pode parecer agora novo. En que consiste e que é o que deben ter en conta os gandeiros?

Aínda que poida sonar complicado, o plan de abonado tan só consiste na descrición detallada da fertilización dos cultivos da explotación, momento de aplicación e materiais que se van a empregar e forma de aplicación e maquinaría utilizada.

Os gandeiros teñen que ter en conta que as análises de solo e os asesores de fertilización van ser unhas ferramentas imprescindibles para a elaboración do plan de abonado. Pero son unhas ferramentas accesibles para calquera profesional do campo.

– A lexislación sobre o uso de solos agrogandeiros foi fortemente modificada polas administracións públicas no últimos anos. En que apartados se desenvolveu máis a nova lexislación?

Un dos primeiros foi a redución da emisión de gases de efecto invernadoiro como o óxido nitroso (N2O), e a diminución de gases contaminantes. En especial o Amoníaco (NH3). Tamén se lexislou en prevención e redución da contaminación de augas causada polos nitratos.

O obxectivo principal que perseguen todas estas directivas e normas definidas pola administración europea teñen como obxectivo a racionalización no aporte de fertilizantes aos solos. Tanto os químicos como os aportes de xurros e os seus métodos de aplicación.

Hai aspectos que poden parecer pouco claros ou non foron ben comunicados. Para solucionalo estamos os asesores

– O uso dos xurros tamén leva anos sendo obxecto de debate. Cales son as claves deses usos que debe ter en conta o gandeiro?

É moi importante ter en conta que se prohibe a aplicación de xurros mediante prato, abano ou canón. Exceptúanse os casos nos que a parcela teña unha pendente superior ó 10% ou de superficie inferior a unha hectárea, cando non sexan lindeiros con outros recintos da mesma explotación.

Crespo impartiu charlas en diferentes localidades como Frades ou Lalín explicando as novidades normativas

Crespo impartiu charlas en diferentes localidades como Frades ou Lalín explicando as novidades normativas

Exceptúase tamén no caso de que máis do 50% da superficie da explotación teña unha pendente superior ó 10%. Esto é algo do que se vén falando dende hai anos e semella que ás veces non está moi claro. Por outra banda, en ocasións pode resultar complicado determinar eses coeficientes polas características dos terreos en Galicia.

E hai que ter en conta que os materiais orgánicos deben ser enterrados o antes posible tra-la súa aplicación e sempre nas primeiras 24 horas. Agás nos casos de aplicación localizada dos xurros. Tamén se prohibe a aplicación en terreos xeados, cubertos de neve ou inundados mentres manteñan esas condicións.

As características dos terreos en Galicia poden dificultar o cálculo dos coeficientes de aplicación das normativas

– As palabras “caderno dixital” non sempre soan ben no sector gandeiro. Que é e como debe ser o seu manexo?

En principio non tería por que causar alarma, aínda que se pode entender que provoque certa incertidume por crer que poida implicar máis carga de traballo burocrático. O que hai que saber é que o caderno dixital vai ser voluntario. O que é obrigatorio é o rexistro destas actuacións, ben sexa en papel, ben sexa en formato dixital.

O caderno dixital é voluntario. O que é obrigatorio é rexistrar as aplicacións de abonos e fitosanitarios, ben sexa en papel ou en dixital

O caderno non é máis que un soporte dixital no que se deben anotar as actuacións fitosanitarias e de fertilización levadas a cabo na explotación. E deberase cubrir nun prazo máximo dun mes dende a data de aplicación dos produtos.

– A Unión Europea proxecta reducir drasticamente o uso de fitosanitarios e de fertilizantes. Cales son as medidas reductoras e a quen e como afectan?

Unha das normas máis destacadas é o RD 1051/2022 de nutrición sostible de solos agrarios. Un dos obxectivos que marca é o de reducir en polo menos nun 50% as perdas de nutrientes nos solos sen que se deteriore a súa fertilidade.

A UE quere reducir nun 50% as perdas de nutrientes nos solos e reducir un 20% o consumo de fertilizantes. 

Tamén se persegue baixar ata nun 20% o consumo de fertilizantes. E o de produtos fitosanitarios mais perigrosos nun 50%. Esto vai afectar a todas actividades agrícolas e forestais, obrigando a unha planificación e maior racionalización do uso dos fertilizantes.

Todas as actuacións que se fagan cos xurros deben quedar rexistradas e ser comunicadas á administración

Todas as actuacións que se fagan cos xurros deben quedar rexistradas e ser comunicadas á administración

– Tamén se percibe incertidume pola xestión dos Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), que é preciso ter en conta a ese respecto?

A xestión de gases de efecto invernadoiro (GEI) implica medir, reportar e reducir as emisións de carbono mediante diferentes estándares e protocolos e clasificando as emisións en función do seu alcances.

Nos plans de abonado haberá que explicar as medidas adoptadas para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro

Esto é algo crucial para combater o cambio climático, mellorar a eficiencia enerxética e cumprir coas diferentes normativas que elaboran as diferentes administracións. Por exemplo, con metas como reducir as emisións da UE nun 55% para 2030.

Dentro da elaboración do plan de abonado que teñen que desenvolver as explotacións ganderias e agrícolas, vai ser obrigatorio describir as medidas para reducir as emisións de todos os gases de efecto invernadoiro para poder cumprir con toda esa lexislación.

– En SOAGA levan tempo desenvolvendo estratexias e produtos para afrontar esta nova realidade lexislativa, pódenos explicar cales son?

Soaga en colaboración co departamento de Innovación desenvolveu a gama de fertilizantes FERTIMON PRO, coa que queremos ofrecer unha resposta avanza ás esixencias da nova lexislación comunitaria, estatal e autonómica.

Gandeiros e agricultores van dispoñer de ferramentas avanzadas para desenvolver os plans de abonado

Esa liña de fertilizantes garante aos gandeiros e agricultores unha fertilización eficiente e sustentable sen perder rendemento nos seus cultivos. Dentro de FERTIMON PRO, a liña SLOW conta con certificación de redución de pegada de carbono, na que SOAGA é pioneira.

Ademais, a nosa empresa tamén fixo un importante esforzo para desenvolver unha plataforma propia de asesoramento para axudar a gandeiros e agricultores no cumprimento das novas normativas.

Entra en vigor a obriga de contar cun plan de fertilización para as granxas de máis de 10 hectáreas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *