A mastite supón un dos problemas máis importantes aos que se teñen que enfrontar os gandeiros no seu día a día. A incidencia que comporta supón unha das principais perdas económicas nas ganderías: descenso da produción, menor prezo de venda do leite producido ou mesmo retirada da mesma e custos veterinarios.
Por iso, cobra especial importancia entender as razóns que fan aumentar os casos de mastite en cada granxa. É preciso coñecer os aspectos da xestión que non se están realizando de maneira correcta e que levan a unha maior incidencia de mastite na explotación. Para iso, débese detectar os grupos de animais e a tendencia onde a incidencia é maior.
UNIFORM-Agri conta cunha serie de ferramentas e análises de mastite que proporcionan información concisa sobre os patróns que seguen os animais con maior incidencia. Desta maneira, é posible atopar as causas e actuar en consecuencia para que coa xestión diminúan os casos de mastite.
As análises de mastite de UNIFORM-Agri permiten detectar os grupos de animais con maior incidencia para atopar as causas e actuar en consecuencia
No gráfico que segue pódense visualizar os casos de mastite presentes na gandería por mes de parto. Vese que neste caso en particular a maioría dos casos de mastite tiveron lugar en animais que pariron nos meses máis fríos do ano, o que nos pode dar certas pistas sobre o que deberiamos cambiar.
Podemos ver tamén de maneira gráfica os casos de mastite por lactación, como se visualiza no gráfico a continuación, onde vemos que a maioría dos casos de mastite tiveron lugar en animais na súa terceira ou cuarta lactación.
Da mesma maneira, o informe permite visualizar os casos de mastite agrupados por outras categorías, tales como por mes, por días en lactación, por última produción ou por estado.
Así mesmo, con UNIFORM é posible analizar outros factores relacionados coa mastite, tales como a reincidencia ou a mastite por cuarteróns, o que nos permitiría analizar a relación do proceso de muxido coa incidencia de mastite.
Con UNIFORM-Repro é posible analizar os casos de mastite por un amplo abanico de factores para detectar as razóns da incidencia e actuar en consecuencia.