O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia, dependente do INORDE, organiza un curso de agricultura ecolóxica.
A formación é gratuíta e impartirase do 23 de marzo ao 26 de agosto de 2026 en horario de 09:00 a 14:00 horas. En total 568 horas de formación que permitirán obter o Certificado profesional Nivel 2 (Formación cualificada completa).
Trátase dun curso pensado para adquirir coñecementos prácticos e técnicos en produción ecolóxica, mellorar a empregabilidade e avanzar cara a modelos agrícolas máis respectuosos co medio e coa saúde.
Reserva praza xa chamando ao 988 31 79 30 ou escribindo a ctc-inorde@inorde.com
Máis información: https://diplos.xunta.gal/diplos/curso?accion=2026/000767-01

Galego









Control OJD