O Distrito Forestal IX “Lugo-Sarria” da Consellería do Medio Rural, acaba de presentar a programación de outono 2022 das Cadeiras de Divulgación Forestal dentro do programa de formación continua agroforestal de AGACAL.
Estas accións formativas teñen por obxectivo fomentar o coñecemento específico de determinadas materias e están destinadas as persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.
Os cursos desenvolveranse en distintas sesións co seguinte calendario:
Venres 14 de outubro en Lugo: Taller de marcaxe en aproveitamentos de frondosas (8 h) FC2022F127164
Xoves 20 de outubro en Monterroso: Aspectos prácticos da normativa en materia de montes e de prevención de incendios en Galicia (5 h) FC2022F127172
Venres 21 de outubro en en Lugo: Taller de introdución á poda de exemplares xuvenís de castiñeiro (4 h) FC2022F127160
Xoves 27 de outubro en Guntín: Aspectos prácticos da normativa en materia de montes e de prevención de incendios en Galicia (5 h) FC2022F127173
Do 2 ao 12 de novembro en Lugo: Xestión integral de piñeiros (40 h) FC2022F127162
Venres 11 e domingo 13 de novembro en Lugo: Taller de identificación de cogumelos comerciais (8 h) FC2022F127166
Xoves 17 de novembro en Antas de Ulla: Aspectos prácticos da normativa en materia de montes e de prevención de incendios en Galicia (5 h) FC2022F127174
No seguinte enderezo poderán preinscribirse nos cursos que desexen:
https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas
Máis información no teléfono 982-828620, no correo distrito.forestal9@xunta.gal ou en Twiter: @Dist_Forestal9