
A 43ª edición da Festa da Pataca de Coristanco, que se celebrará a fin de semana do 20 e 21 de setembro, ven de presentar o seu amplo programa de actividades, que inclúen dende xornadas técnicas, desfile ou shwocooking para render homenaxe a un produto que, como destacan dende a organización, “non é só un produto agrícola, senón que tamén é símbolo de esforzo, de identidade e de orgullo colectivo”.
Entre as novidades destaca a celebración do primeiro Encontro de Pobos Pataqueiros, unha iniciativa pioneira coa que se pretende tender pontes con outros territorios produtores.
A gastronomía será, como sempre, unha das grandes protagonistas. Este ano incorporarán novas degustacións, cunha gran variedade de pratos nos que a pataca brilla con todo o seu sabor. Ademais, tamén se contará con produtos estrela doutros concellos colaboradores.
Velaquí o programa completo da 43ª edición da Festa da Pataca de Coristanco, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e que cada ano medra con máis forza:

Galego









Control OJD