Amplíase o prazo para conxelar carne da IXP Ternera Gallega pola crise da Covid 19

A autorización de conxelación iniciouse en abril de 2020 e manterase ata o 31 de xuño do 2021

Amplíase o prazo para conxelar carne da IXP Ternera Gallega pola crise da Covid 19

A Consellería do Medio Rural ampliou a autorización para conxelar a carne da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega. Deste xeito, vólvese modificar de xeito temporal o prego de condicións técnicas desta IXP para que, mentres dure o estado de alarma ou medidas similares derivadas da Covid 19, a carne deste selo de calidade poida someterse a procesos de conxelación.

Cómpre lembrar que en abril de 2020 xa se aprobara unha primeira modificación temporal do prego de condicións deste selo de calidade para permitir a conxelación. Esa autorización estivo vixente ata o pasado 31 de decembro. Desta volta, a autorización para comercializar pezas conxeladas de Ternera Gallega esténdese ata o 30 de xuño de 2021.

Estas pezas conxeladas deberán cumprir os requisitos aplicables á comercialización de carne conxelada de vacún, especialmente no relativo á información ao consumidor sobre o proceso de conxelación e á data de consumo preferente, así como á excepcionalidade da súa venda baixo a protección da IXP.

A medida de conxelación adóptase principalmente polas restriccións de actividade na hostalaría e a restauración, a través das que Ternera Gallega comercializaba unha parte importante da súa produción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información