Amplíase até o 15 de maio o prazo para solicitar as axudas da PAC 2021

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) publicou hoxe no BOE a orde que amplía, até o próximo 15 de maio, o prazo de presentación da solicitude única das axudas da Política Agraria Común (PAC) para o ano 2021 en todo o territorio nacional.

Este prazo iniciouse o pasado 1 de febreiro e a súa finalización estaba prevista para o 30 de abril. Porén, dada a actual situación de estado de alarma, con limitacións ao movemento de persoas, consideran que é preciso prorrogar o prazo até o 15 de maio.

Esta demanda foi trasladada ao Ministerio por parte das organizacións máis representativas do sector agrario, así como por algunhas administracións autonómicas. Á actual situación de dificultade derivada da pandemia, únense as adversidades climáticas motivadas por irregularidades nas precipitacións nalgunhas rexións, o que fai que as previsións de sementeira de cultivos de primavera estea a variar, atrásese a planificación e, con iso, a declaración da PAC por parte dos agricultores.

Adicionalmente, desde o Ministerio lembran que en determinados casos os solicitantes das axudas poderán presentar até o 15 de xuño unha modificación da súa solicitude única. Ademais, esta será a data límite para a presentación das comunicacións de cesións de dereitos de pago básico e é a data que se toma como referencia para o cumprimento dalgúns requisitos das axudas directas, como a obrigación de ter á súa disposición as parcelas polas que se solicitan as axudas.

As Comunidades Autónomas poderán ampliar o prazo até o 31 de maio

Doutra banda, as comunidades autónomas que o consideren necesario poderán ampliar a data límite para a presentación da solicitude única no seu territorio até o 31 de maio.

Unha vez finalice o prazo, as autoridades competentes das autonomías iniciarán o estudo das solicitudes presentadas para levar a cabo os controis establecidos na normativa europea o máis axiña posible, de tal maneira que non se atrasen os pago.

Espérase que se presenten preto de 680.000 solicitudes que permitirán aos agricultores e gandeiros españois recibir os pagos correspondentes a partir do próximo 16 de outubro. O importe total das axudas directas para a campaña 2021 ascende a 4.860 millóns de euros.

O texto da orde pódese consultar no BOE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información