Amplíase ata o 14 de maio o prazo para solicitar terras ao abeiro dos fondos europeos Next Generation

O Consello da Xunta deste xoves aprobou ampliar ata o vindeiro 18 de maio o prazo para que todas aquelas empresas e particulares podan solicitar base territorial para proxectos agrogandeiros en Galicia ao abeiro dos fondos europeos de recuperación post Covid19 Next Generation.

“Debido á gran demanda existente no sector primario e agroalimentario galego, a Consellería do Medio Rural decidiu ampliar novamente o prazo de presentación de iniciativas co fin de facilitarlles aos interesados a presentación de proxectos e documentación”, explican dende o departamento que dirixe José González.

Ademáis, aqueles interesados en mellorar as iniciativas xa presentadas poderán tamén facelo ata o 14 de maio e terase en conta o último proxecto presentado para a súa avaliación final.

A Xunta de Galicia presentou ao Goberno central un proxecto de recuperación e posta en produción dunhas 18.000 hectáreas de terras abandonadas, así como a creación de ata 200 aldeas modelos. Para apoiar a aprobación deste proxecto e poder recibir así os fondos europeos para poñelo en marcha, a Xunta pide aos agricultores e gandeiros que queira ampliar a súa base territorial, así como ás empresas vinculadas co sector agroalimentario ou persoas que queiran iniciar a súa actividade no agro, que presenten unha manifestación de interese -é de carácter non vinculante- en optar a estas terras.

Para facelo só é preciso cubrir un sinxelo formulario en liña, dispoñible no seguinte enlace. Trátase dunha presentación simplificada, que só require cubrir a solicitude como apoio á documentación que se xunte para aspirar aos referidos fondos. No caso de que se dispoña de máis información sobre o proxecto, poden remitirse os arquivos en formato dixital ao enderezo de correo electrónico: proxectos.medio-rural@xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información